Éxito dos laboratorios creativos impartidos o pasado xoves, 11 de agosto, no Eido Dourado, en Barreiros. Lucía Vila lembra que “son como experiencias artísticas para que os nenos e nenas se acheguen ao Eido Dourado dunha forma máis natural e a un museo en xeral. O que queremos basicamente é que os nenos dialoguen coa obra de Celso e que reflexionen sobre os elementos que configuran a obra do autor”. Esta nova iniciativa púxose en marcha no Eido Dourado o pasado 29 de xullo e foron xa varios grupos de nen@s os que acudiron a gozar desta experiencia. Aínda quedan dúas sesións. Os rapaces e rapazas interesados en participar poden anotarse achegándose ao Eido Dourado ou enviando unha mensaxe privada a través do facebook deste espazo dedicado ao arte.
