Burela, 31 de agosto de 2016. No día de hoxe o concelleiro de Turismo e primeiro tenente de alcalde do Concello burelés, Ramiro Fernández Rey, fixo unha valoración moi positiva da campaña turística de verán do ano 2016, tanto dos datos de ocupación como das visitas que se rexistraron na oficina de turismo e no barco museo, “onde se viu un incremento espectacular con respecto ao ano 2015, o que fai pensar que a liña de traballo que se está a levar a cabo tanto pola Delegación de Turismo, como polo resto de Delegacións do Concello, están a dar os seus froitos o que anima a seguir este traballo, a seguir a apostar pola promoción turística de Burela”.
O edil socialista indicou que “o número de visitas rexistradas no mes de agosto na oficina de turismo chegou ás 2.469 consultas, un dato que supera con moito as 1.864 do mesmo período no ano 2015, o que supón que 605 persoas máis pasaron por esta instalación no mes de agosto deste 2016. En canto ao barco museo os datos son tamén moi positivos xa que si no ano 2015 pasaran a visitar o barco en agosto 774 persoas, no ano 2016 practicamente se duplicaron as visitas chegando ás 1.392. Estes datos son moi positivos e poñen de relevancia o traballo feito na promoción turística por parte deste equipo de goberno”.
Ramiro Fernández Rey referiuse tamén á ocupación hoteleira: “rozouse o 100% de ocupación na maioría de hoteis turísticos de Burela, o que significa que a economía de Burela se veu moi beneficiada, sendo este o obxectivo principal que buscamos coa inversión na promoción turística do pobo”.
O concelleiro de Turismo sinalou que “dende o equipo de goberno traballouse arreo para que Burela tivera actividade durante todo o verán e conseguimos, nun traballo coordinado entre as diferentes Delegacións, ter actividades durante todo o verán. Burela converteuse nun referente durante a época estival na Mariña, e os datos contrastan claramente que a liña de traballo debe seguir insistindo en darlle actividade ao pobo durante o verán”.
Rutas xeolóxicas
Fernández Rey subliñou que “dentro das novas iniciativas as Rutas Xeolóxicas conseguiron unha participación superior ás 400 persoas. É unha iniciativa da que realmente estamos moi orgullosos, xa que ademais de tratarse dunha actividade novidosa, serve tamén para coñecer a historia xeolóxica do noso pobo. É evidente que seguiremos impulsando estas rutas e xa anunciamos que temos un proxecto conxunto xunto cos Concellos de Ribadeo e de Cedeira, que se presentou na convocatoria de axudas do GALP e que ademais foi o máis valorado de todos cantos se presentaron. Deste xeito pretendemos darlle contido a este tema e continuidade durante todo o ano”.
O concelleiro de Turismo amósase satisfeito polos datos que deixan este verán de 2016: “en definitiva mostrar a nosa felicidade por estes datos e por ver que o traballo comeza a dar os seus froitos. A imaxe de marca BurelaBonita empeza a retornar a inversión feita, a posta en marcha da páxina web www.turismoburela.org tamén está dando datos de visitas importantes e evidentemente calquera puido comprobar que este verán en Burela veuse actividade e moitos visitantes, cousa da que nos sentimos moi orgullosos”.
O tamén primeiro tenente de alcalde do Concello burelés engadiu: “imos seguir traballando na difusión da marca BurelaBonita e xa estamos vendo as inversións en turismo e medio ambiente que imos a implantar de cara ao ano que ven, xa que tamén detectamos cousas a mellorar e neso imos a traballar, temos marxe de mellora en canto a equipamento de praias, e en canto a limpeza das mesmas, cousas nas que xa se está a traballar e que estamos seguros que o verán do ano que ven serán melloradas”.
Ramiro Fernández Rey tamén tivo palabras de agradecemento: “temos que agradecer tamén o traballo tanto das asociacións que impulsan as actividades no verán, ao persoal tanto da oficina de turismo como do punto de atención turística do Concello, ao persoal do barco museo… a todos eles grazas pola súa profesionalidade e esforzo, sen o que non sería posible acadar estes excelentes datos. Podemos afirmar que con estes datos na man este ano 2016 será recordado como un ano histórico no turismo de Burela, que temos que tentar afianzar e mellorar de cara a próximos anos”.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



