Burela, 8 de Agosto de 2016 . A semana pasada celebráronse en Ares unas xornadas deportivas de convivencia enfocadas ás Artes Marciais. Ao curso realizado asistiron unha pléiade de mestres de recoñecido prestixio dentro do mundo das artes marcíais orientais coma Jesús María García 7ºDan kárate, Eugenio Escabias 5ºDan Kajukembo, Jose Manuel Alonso 3ºDan kikboxing e entre eles, tamén o mariñán Miguel A. Rojo 5ºDan TaiChi, todos cunha ampla vagaxe noutras disciplinas orientais, aínda que foi nas mencionadas nas que se centraron neste curso facendo as delicias dos asistentes, xa que moitos proviñan doutras disciplinas ou pola contra non teñen os coñecementos en tódalas artes que se ensinaron e practicaron.
Tamén é reseñable salientar que todos estes Mestres contan cunha traxectoria como entrenadores sobradamente recoñecida xa que nos sus centros de artes marcíais teñen campións tanto de España coma de Europa e do mundo nas súas especialidades. A xuntanza adquiriu carácter internacional xa que achegáronse practicantes dende Minnesota nos Estados Unidos e dende China, por suposto tamén artistas marcíais dende diversas partes da xeografía estatal coma o País Vasco, Aragón, Cataluña, Madrid, Castilla e León e por suposto das catro provincias galegas, incluindo aos membros da Asocicación de Artes marcíais da Mariña que partiron dende Ribadeo, Burela, Cervo e Viveiro e que destacaron “o éxito que tivo a iniciativa destas xornadas de convivencia, a marabillosa organización do evento e a satisfacción que produce contar con semellante plantel de Mestres”.