Barreiros, 3 de agosto de 2016. As terrazas do Cámping Gaivota acollerán este venres, 5 de agosto, un concerto de Os D’Abaixo. Será a partir das 23 horas. O evento está promovido polo Eido Dourado, segundo explicou esta mañá o artista barreirense Celso Dourado.
O artista barreirense amósase moi satisfeito do discorrer da programación cultural que se está a desenvolver tamén nos xardíns do Eido Dourado, e que o pasado domingo reunía a máis de 200 persoas que acudiron a gozar dun espectáculo de flamenco.