Lourenzá 3-8-16. O acto estivo presidido poloo Concelleiro de Deportes Francico Dasilva, o presidente do Clube Pablo Maseda, o delegado do equipo José Rguez. así como varios directivos. Conta coas novidades do adestrador Edu Mariño que adestraba ás categorias inferiores do Viveiro CF . Seguen na 1ª plantilla renovados:
– Jose A. Bermúdez García (Pichi)
– Lucas Bouso Glez (Lucas)
– David Cabaleiro Pérez (Garrafín)
– Adrián Cabaleiro Rivas (Bugui)
– Diego Fdez. Rey (Carri)
– Felipe Glez. Docampo (Feli)
– Diego López Rego (Diego)
– Jorge López Vizcaíno (Jorge)
– Manuel Pardo Freire (Manu)
– Iván Recalde Docampo (Recalde)
– Noé Recalde Docampo (Noé)
– Diego Rego López (Diego Rego)
– Roi Rguez. Cabaleiro (Roi)
– Manuel Rguez. García (Manu Rguez. )
– Ramón Seivane Pérez (Montxo)
– Jesús Torres Lombardero (Suso)
– Diego Valea Rego (Chinco)
Al altas que serán presentadas en vindeiras datas son todas de Lourenzá :
– Bruno Fdez.(Foz Xuvenil)
– Chicho e Omar (que deixaran por motivos persoais o equipo en anteriores tempadas e estaban sen equipo) e José Mª Iglesias (Mondoñedo Fc).
O equipo está practicamente pechado á espera de algunha posible incorporación de última hora.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
