Un ano máis a Agrupación Cultural Francisco Lanza coloca faixas nos balcóns do centro de Ribadeo con versos, dentro da súa actividade anual PALABRAS NO BALCÓN. Esta vez difundimos os versos dun grande poeta: o noso poeta nacional Manuel María. Aprovéitase, desde a Agrupación Cultural, o feito de que este ano se lle adicase o Día das Letras Galegas.
Os versos foron seleccionados coa axuda de Neves Paz e Mercedes Queixas, a quen lles agradecemos o cariño que puxeron na escolla.
As faixas poden verse en diferentes balcóns da rúas San Roque e Reinante e no parque de San Francisco, e estarán colocadas até finais do mes de setembro.
Esta actividade terá continuación nunha lectura pública dos seus poemas, no parque de San Francisco, ao final deste mes de agosto, nunha data por determinar.