A Asociación Deportiva Salto do Coro de Mondoñedo suma colaboracións ao seu proxecto deportivo. A Semana pasada asinaba un convenio de colaboración co Concello de Abadín na que colaborará no fomento do deporte tamén nesta localidade. Este convenio servirá para aumentar as oportunidades a nenos e nenas que no seu propio concello non poden competir ao non ter equipos, ou aumenta o número de xogadores en deportes individuais como o bádminton, tenis de mesa, atletismo, duatlón, etc.
Asínase un convenio co Casino de Mondoñedo polo cal, dita entidade cede as súas instalacións para a práctica do tenis de mesa. A Asociación comprométese a coordinar as clases deste deporte entre os escolares, realizar campionatos deste deporte, e intentar aumentar as posibilidades de realizar actividades no Casino cedendo material para xogar ao xadrez (posteriormente mirarase de introducir clases no Casino).
Asínase tamén co Club Tripenta de Lugo. A intención é fomentar este deporte nas localidades de Mondoñedo e Abadín. Os dous clubs envorcaranse no fomento do duatlón.
Estanse traballando en buscar lazos con outras entidades para reforzar a oferta deportiva da Asociación.