O vindeiro luns 12 de setembro abre o prazo de matrícula para os cursos, tanto de sala como de natación que se ofertan para esta nova tempada 2016/2017 desde a Piscina Municipal de Viveiro.
Cursos Natación Infantil e Nenos
Referente aos cursos de Natación Infantil (4 e 5 anos, Ed. Infantil)) e Natación Nenos (a partir de 6 anos, Ed. Primaria), a principal novidade radicará na implantación dun método de estrutura de cursos por niveis e por trimestres (3) , tendo pasos de nivel ao final de cada trimestre.
Para dar continuidade ao proceso de aprendizaxe dos nenos , haberá alumnos PREFERENTES ( que serán os que xa estivesen a tempada pasada cursando , así como os que cursaron Natación Intensiva no verán) , debéndose anotar os 3 primeiros días do prazo de matrícula (12,13 e 14 Setembro)
Os nenos que se anoten de novo poderán formalizar a matrícula desde o xoves 15 de setembro.
Os nenos/as que se anoten por primeira vez e saiban nadar, ou veñan doutras piscinas serán avaliados *previamnete polos monitores.
A inscrición será presencial (non se admiten inscricións por teléfono nin por mail), e admitirase soamente 1 inscrición por persoa, salvo membros da mesma unidade familiar.
Escola Municipal de Natación
Outra das novidades para o cursos 2016/2017 será o funcionamento da Escola Municipal de Natación, como actividade anual para nenos e nenas que pasasen todos os niveis dos cursos de Natación Nenos. A escola pódese considerar como unha Escola de Iniciación á Competición, tendo cabida alumnos a partir de 7 anos. Haberá 2 grupos para alumnos de Primaria e 1 grupo para alumnos de Secundaria.
Natación para Adultos
A oferta terá cursos para niveis de Iniciación e Medio, polas mañás, e niveis de Iniciación, Medio e Perfeccionamento, polas noites.
Ademais da oferta de cursos de natación , a oferta para actividades de sala tamén será importante, con varios grupos de Spinning, Pilates, Aerobic, Mix Class, Interval Training, Streach….. en horarios de mañá e tarde-noite.
“Esperemos a oferta satisfaga aos usuarios, xa que eles son o maior activo que ten a instalación, e lembrámoslles que estamos abertos a calquera suxestión que nos queiran facer chegar, e satisfacela en medida ás nosas posibilidades” comenta Pedro Esmorís, Director Deportivo da instalación.