Os candidatos autonómicos pola Provincia de Lugo, Luís Álvarez e Patricia Otero, mantiveron este venres un encontro con membros do comité de empresa de ALCOA, para buscar unha saída de futuro á factoría de San Cibrao.
Dende o PSOE instan ao Goberno a buscar unha solución efectiva aos problemas relacionados co prezo da electricidade, realizando de inmediato a subasta eléctrica, e propoñen a creación dun plan de compensación europeo para evitar a competencia desleal.