O sábado día 10 vai ter lugar unha nova xornada formativa en fruticultura. Nesta ocasión vaise practicar o enxerto de xema, en mazaeiros e pereiras, no lugar habitual: O Vilar, Santo Adrao; Lourenzá.
Esta é unha actividade máis no proxecto no que o SLG e outras asociacións se embarcaron hai oito anos, que pretende recuperar e volver a poñer na paisaxe do Val de Lourenzá un importante número de variedades locais de froiteiras que, por razóns de mui diversa índole, se deixaron de cultivar.
Entendíamos que, de desaparecer definitivamente este capital xenético, sería unha perda colectiva importante, ao tempo que impediría o posible desenvolvemento de actividades económicas sostibles na contorna, como é a produción de froita.
Do tempo no que levamos traballando no tema chegamos á conclusión de que existe un interés crecente da cidadanía neste tema; de feito, nas distintas actividades que levamos a cabo até hoxe teñen participado máis de trescentas persoas, e téñense distribuido por volta de mil plantas, que os/as participantes plantaron e coidan nas súas hortas.
As persoas interesadas en participar nesta xornada, deben apontarse nos locias do Sindicato Labrego Galego, ou o teléfone 630970132.