Foz 6-9-16. Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” mostramos a nosa satisfacción porque dende o equipo de Goberno do Concello de Foz se atenderon e solucionaron nos últimos días e meses, dúas mocións que FPF levara a Plenos pasados e foran aprobadas, así como incluída unha delas nos presupostos deste ano.
No mes de Febreiro os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” levaba a Pleno a reparación da estrada que vai dende o Camping San Rafael á praia da Pampillosa, estrada que estaba nunhas condicións lamentables, moción que saíra aprobada .Así mesmo cando foi de negociar os presupostos municipais para o noso Concello, como esta obra aínda non estaba executada, solicitamos a súa inclusión en ditos presupostos, e así foi atendida polo equipo de goberno.
Podemos comprobar como esta obra ven de ser executada nos pasados días, coa aplicación de aglomerado en quente como solicitábamos, na zoa mais deteriorada da estrada, e cambiando significativamente o estado desta estrada, anque botamos de menos de que este aglomerado en quente non chegase á propia zoa da praia, esperemos que en vindeiras fases esta estrada poida estar aglomerada ó cen por cen.
Recordar tamén que no mes de Maio, os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” levábamos a Pleno unha moción para ampliar a Rúa atalaia e adecentar o seu firme, moción que tamén fora aprobada pola Corporación Municipal. Esta obra foi executada a principios de verán e pode comprobarse o importante desta mellora nesta rúa, dando saída tamén á zoa das Torres e colocando un espello no cruce que une a Rúa Atalaia coa Rúa Corporacións para favorecer a visibilidade dos vehículos que saen da Rúa Concello de Cervo.
Así mesmo solicitamos ó equipo de Goberno do Noso Concello solucione os problemas de verteduras que está a sufrir o camión do lixo do noso Concello, xa que son numerosas as queixas veciñais que estamos a recibir nos últimos tempos desta situación. En todas as paradas que o camión realiza para recoller os colectores cando procede ó seu baleirado, despois queda unha importante mancha líquida que produce un cheiro importante que se ve agravado coa calor desta estación na que nos encontramos. Situación que xa o noso portavoz transmitiu ó Concelleiro de obras en días pasados e que non foi solucionado a fecha de hoxe.
De todos é coñecido, que a nosa labor de oposición está a facer que o equipo de goberno se poña as pilas, así mesmo, non nos cansaremos de seguir reivindicando todo aquilo que a veciñanza nos transmita.