Lourenzá, 30 de setembro de 2016. RadioVoz A Mariña emitía este venres o seu programa local Voces de A Mariña, de 11.00 a 12.00 horas, desde Lourenzá con motivo da celebración da XXVI Festa da Faba, que arrinca nesta xornada de venres. Polo estudio instalado na praza do Conde Santo pasaron a alcaldesa, Rocío López, e o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Arango, así como Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, que é a pregoeira desta edición.
Tamén estiveron no programa o artista xovense Xoán Guerreiro, coautor do cartel da Festa da Faba xunto ao seu fillo Mateo; e Mª Carmen Seijo, a vicepresidenta da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
Rocío López e Manuel Arango animaron a acudir a Festa da Faba, que da comezo este mesmo venres, e que se prolongará ata o vindeiro domingo con infinidade de actividades.