Lugo, 30 de setembro de 2016.- O Grupo Provincial Popular conseguiu este venres na reunión Extraordinaria da Xunta Xeral da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa) ratificar de forma definitiva as modificacións dos estatutos propostas polo PP e que xa foron aprobadas polo Consello de Administración o pasado 28 de xullo.
A voceira Elena Candia explicou que a Xunta Xeral celebrada este venres aprobou coa maioría suficiente a modificación estatutaria que iniciamos o 31 de marzo deste ano. “Por fin conseguimos ser convocados e que os estatutos se adapten á Lei de Servizos Sociais para poder xestionar as residencias o que suporá un desbloqueo desa situación. Creo que é unha boa nova para concellos como Castroverde ou A Fonsagrada que teñen unha residencia xa practicamente rematada”.
Explicou que o que pretende o seu partido é desbloquear esta situación e buscar unha forma de traballar máis áxil centrada no Consello de Administración e máis operativa cun único obxectivo: que a sociedade sexa útil á provincia e poder deste xeito acometer proxectos que interesan aos Concellos. “A aprobación foi moi contundente, todos os artigos que propuxemos foron aprobados como mínimo con 13 votos e algún deles, a maioría tivemos un apoio do BNG, o que vén a apuntar que efectivamente a modificación melloraba o funcionamento da administración”, destacou.
O PSOE, un partido sen norte
A voceira considera “sorprendente” a posición do PSOE e do presidente, que votando previamente a modificación do artigo 2 (que é o artigo que permite a xestión das residencias) no Consello de Administración vota a favor e na Xunta Xeral vota en contra. “É un exemplo máis da situación sen norte que está vivindo este partido a nivel nacional e provincial e que son capaces de un día votar unha cousa e pola tarde votar outra sendo exactamente idéntico o que se sometía a debate”, censura.
“Cremos que están incapacitados para tomar decisións e para gobernar. Eses malestares e faltas de sentido común están afectando ao bo funcionamento das institucións e cremos que con esta modificación estatutaria, que por moito que quixeron frear non o conseguiron porque a Lei de Sociedades Anónimas e os estatutos están para cumprirse e por moitas ditaduras que queiran aplicar ao final trunfa a norma, permitirá un funcionamento áxil e sobre todo permitirá que Suplusa sexa útil á provincia e non sexa un instrumento político ou un xoguete en función do día do presidente. Un presidente que non é precisamente coñecido polos seus acertos”, concluíu.
Cambios que introduce a modificación dos estatutos
Deste xeito, na nova redacción do artigo 2 dos estatutos, apoiada polo PP, o deputado non adscrito e o BNG, inclúese que “a Sociedade terá como obxecto a realización de actividade ligadas ao ámbito social sempre que se trate de prestacións, programas e servizos de carácter social, entendendo este como todas as prestacións, programas e equipos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e a participación social de toda a poboación galega”.
Tamén se modifican os artigos 13 e 15 referidos ao Consello de Administración para que o mesmo se adapte á proporcionalidade do pleno. Os populares propoñen, ademais, que o presidente e o vicepresidente sexan elixidos polo propio consello de administración, entre os seus membros e por maioría absoluta. Ademais outórgaselle ao presidente a potestade de “adoptar cantas medidas sexan precisas para garantir o cumprimento das obrigas legais de transparencia e bo goberno”.
Co fin de garantir a obxectividade e bo funcionamento da Sociedade tamén se cambia quen ostenta a competencia para nomear xerente. “Antes podía nomealo o propio presidente e agora será o propio Consello de Administración”, resume a popular.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



