A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA celebra un ano máis o Día Mundial da Saúde Mental, que ten lugar en máis de 100 países o día 10 de outubro, coa seguinte descripción de actividades:
DÍA 3. INICIO DA CAMPAÑA DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL: “MIRA A TRAVES DO ESPELLO: SON COMA TI PESE A QUE AÍNDA NON O SAIBAS”
Trátase de invitar á cidadanía a facer fotografías diante dun marco que simule un espello representándose así a idea de que “as mismas cousas que son importantes para ti, tamén o son para mín, independentemente de que sexamos diferentes. Esto é , precisamente a diversidade.”
Este día comezaremos por quitar as fotos entre a gran familia que conformamos “A Mariña”.
DÍA 4. “PARTIDO DE FÚTBOL-SALA EN PROL DA SAÚDE MENTAL”
Será un partido disputado entre persoas con enfermidade mental e profesionais , amigos e poboación xeral que colabora con nós.
Terá lugar ás 15:30 h no Pavillón Vista Alegre
Será precisamente, unha medida empregada para concienciar á cidadanía da importancia de coidar a saúde mental con hábitos saudables como o deporte.
DÍA 5. SAÍDA COS ESPELLOS Á RUA EN DIFERENTES LOCALIDADES DA COMARCA
DÍA 6. XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS DA “MARIÑA” SOBRE CALIDADE:
Seguiremos traballando pola mellora continua.
DÍA 7- COLOCACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA Ó ÓLEO DE CHUS RIVERA E XOLO
Será unha exposición de Pintura ó óleo de dous recoñecidos artistas, que queren mostrar á sociedade a súa valía.
As obras poderanse ver ata finalizar o mes de outubro no “Caseto de Copa” en Cervo.
Todo o que recauden será integro para ambos artistas.
Con esta iniciativa queremos recalcar que todas as persoas teñen valor en si mesmas e dereito a desenvolver un proxecto de vida, a participar e achegar algó á sociedade. Por iso debemos normalizar calquera situación falando abertamente e con naturalidade sobre ela…
DÍA 8- ANDAINA POLO PASEO DOS NAMORADOS de Sargadelos.
Este sábado ás 18:00 h dende a Unidade Residencial de Cervo partiremos hacia Sargadelos cargados de libros sobre saúde Mental como símbolo de información , todos a precisamos porque o descoñecemento e a falta de contacto son a base para a perpetuación de mitos falsos e infundados ó redor dos problemas de saúde mental.
Desexamos que esta xornada invite á reflexión sobre a importancia da información e a maiores sobre hábitos de vida saudables como o deporte e a relaxación .
Ambas son medidas de coidado da saúde mental , posto que é cousa de todos!
DÍA 9 “INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE CHUS RIVERA E XOLO”
A inauguración oficial será ás 19:30 horas no “Caseto de Copa”
en Cervo. Correrá a cargo dos artistas.
Apoiemos a causa, tentemos ser axentes de cambio poñendo en marcha pequenos e sinxelos xestos que poder ser artífices de grandes logros. !!
DÍA 10-“ DÍA MJNDIAL DA SAÚDE MENTAL”
Este ano viaxaremos a Lugo a Celebrar o noso día cos seguintes actos:
-Celebración dos actos principais no Salón de Actos da Excma. Diputación de Lugo:
-Lectura do Manifesto elaborado polo Comité Pro Saúde Mental en Primeira Persoa da Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA.
-Intervención xunto coas autoridades de 3 persoas con enfermidade mental,
-Presentación da REVISTA AGARIMO
-celebración dunha comida de Confraternización
-Visita do San Froilán.
DÍA 11- “XORNADA DE PORTAS ABERTAS”
Este día estaremos encantados en que veñan a visitar calquera dos nósos dispositivos:
-Unidade Residencial de Cervo
-CRPL de Burela. C/Estación nº 11
-CRPL de Ribadeo . C/San Roque nº 5, 1º A.
Poderemos informarles sobre a saúde mental , contribuindo deste xeito a derrubar as barreiras invisibles que dificultan que as persoas con problemas de saúde mental se sentan aceptadas.
Este ano, o movemento agrupado en SALUD MENTAL ESPAÑA, que reúne a case trescentas asociacións de persoas con problemas de saúde mental e familiares escolleu, a través de votación popular, o lema ‘Son coma ti pese a que aínda non o saibas’. Con el fai un chamamento á empatía da sociedade cos problemas de saúde mental, insistindo na importancia de saber poñerse no lugar dos demais para coñecelos mellor.
Para a ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA”, o obxectivo desta campaña é sensibilizar á sociedade sobre a idea de que a saúde mental afecta a todas as persoas por igual e que, sen perder de vista a diversidade que nos caracteriza, existen moitas máis semellanzas entre as persoas, que diferenzas: todas as persoas queren desenvolver un proxecto de vida, teñen metas, tristezas, alegrías e todas aspiran a aportar algo á sociedade.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



