O tema que abordamos o xoves 17 no programa ‘Parolando’ da Radio Burela non podía ser máis actual nin máis importante para o futuro da Mariña Lucense. Falamos da situación actual de Alcoa e do seu futuro. Contamos con convidados moi axeitados para falar do tema: Demetrio Salgueiro (Alcalde de Xove), José Zan (membro de CC.OO. e membro tamén do Comité de Alcoa), Ramiro Fernández Rey (Tenente de Alcalde do concello de Burela e traballador de Alcoa) e Luís Martínez Rouco (Director da empresa de construción marítima Marcor Xove). Tamén falamos vía telefónica con Antonio García Lorenzo, Profesor de Economía na Univesidade da Coruña e asesor económico en iniciativas empresariais na nosa Mariña.
