H. Clinton acadou máis votos ca D. Trump (47,7% vs 47,5%) e éste non gañou en cidade ningunha de máis dun millón de votos. Mais o trunfo urbano da Clinton en todos os estados prósperos non lle deu a maioría do Colexio electoral, elixido en 48 dos 50 Estados ao abeiro de sistemas maioritarios nos que o que gaña por un voto leva os delegados todos do Estado. Un auténtico sistema de contrapeso dos Estados pequenos fronte aos Estados grandes, porque nos sistemas federais e plurais non só votan as persoas, senón tamén os territorios.
É certo que foron os brancos, sobre todo os homes brancos, os que lle deron o trunfo a Trump. Mais non só os pobres, senón moitos brancos de ingresos medios e mesmo bastante elevados. Trump acadou o 58% dos votos da maioría branca, sobre todo os homes e os maiores. Mais, tamén, o 58% do voto das confesións evanxélicas e o 52% dos católicos.
Pola súa banda, a pouco empática Mrs. Clinton representaba nidiamente a Norteamérica urbana da prosperidade, aos millonarios de Wall St. e ao complexo empresarial militar. Velaí a pouca participación da comunidade afroamericana, a desconfianza de moitos latinos e máis a desafección da xente moza e dos socialdemócratas (liberal en USA) que votaran Sanders.
Trump gañou por cohesionar mellor a súa coalición electoral, cosida polo medo ao futuro e polo odio a unha globalización, que identifican cos produtos chineses e os inmigrantes mesoamericanos. Mais, tamén, por unha pulsión que non é maioritaria en Los Angeles ou New York, pero si segue a ser importante en Missisippi ou as Dakotas: make America great again, voltemos ao de antes. Os inmigrantes nos seus países, os negros e as mulleres no seu sitio. Unha pulsión ultraconservadora, machista e racista.
O Partido Demócrata pode rachar esa coalición, separando eses ultraconservadores da América profunda dos traballadores industriais brancos que se sentiron excluídos da prosperidade nos últimos anos. Mais non lles chegará só con políticas inclusivas de discriminación positiva para as minorías raciais ou as comunidades LGTB, senón que terán de lle garantir unha digna subsistencia á América branca, rural e menos instruída. Garantirlle á sociedade toda non só igualdade de oportunidades, senón máis xustiza social. Tamén para as maiorías.
Xoán Antón Pérez-Lema



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



