De seguro moitos dos lectores deste artigo considerarán que o tema relativo ó proceso electoral en EEUU está absolutamente manido e, coido están no certo, aínda que non por trillado deixa de resultar convinte abordalo nunha nova ocasión.
Opinións confrontadas as daqueles que pensan que a elección do magnate Trump como presidente abre de par en par a porta do populismo xenófobo, anti-liberal e, en definitiva, a deriva lóxica de corte fascista (que, por outro lado, xa leva tempo presente na vella Europa,) e as doutros que entenden que o novo presidente está lexitimado polo proceso electoral que o impulsa.
Eu persoalmente nin lle recoñezo lexitimidade algunha -non pode tela nun sistema onde para ser senador é conditio sine qua non ser multimillonario- nin tampouco penso que o resultado deba ser extremadamente alarmante.
E é que co presidente Obama xa aprendimos que un dos maiores logros da propaganda é intentar semellar esperanzadores escenarios de cambio para non mudar nada e poder manter o statu quo: falamos da imposibilidade de implementar políticas sociais, de favorecer a intervención libre dos axentes no comercio, das políticas medioambientais e, por suposto, da política exterior. A esperanza da “revolución” demócrata non deixa de ser un mero reclamo publicitario.
Que á partida da democracia representativa se xoga coas carta marcadas xa o sabemos dende hai moito tempo, pero seríamos necios se pensaramos que ese é un fenómeno xenuinamente americano; de tódolos xeitos, e por apocalíptico que pareza o escenario, penso que o problema non esta aí.
Se o sistema fai augas a pregunta obrigada é cales son as alternativas: ¿Pode a xente contrariada polo curso dos acontecementos atopar un espazo fora da queixa? ¿Non semella obrigatorio comezar a construir a sociedade dende abaixo? ¿Qué pasa coas iniciativas cidadáns, de carácter asociativo, solidario? ¿Qué hai dos espazos autoxestionados e en moitos casos desmercantilizados? ¿Qué queda da vella consigna “non nos representan”?
Se a política fora unha ferramenta cidadán sería inescusable solucionar o problema das seis familias do Celeiriño que quedaron sen casa; no ano 2008, e como consecuencia da construción dun edificio colindante, seis vivendas se viron afectas por un corremento de terras e tiveron que ser desaloxadas. Agora, con sentencias xudiciais que recoñecen que os propietarios foron privados dos seus fogares por culpa allea, son indemnizados con cantidades que non lles permiten restaurar as súas casas nin tampouco mercar unha nova.
Do pensamento global á actividade local, de replantear o sistema á solidariedade veciñal, hoxe os nosos esforzos deben estar cos veciños, coas asociacións, coas agrupacións civís. Porque do que realmente se trata non é de elixir senón de participar, porque do que se trata en última instancia non é de ter un bo amo, senón de non ter ningún.
Pablo Álvarez Ramos.


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



