O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron este sábado a Constantina López Martínez, que cumpre 100 anos. O alcalde e a concelleira acudiron a casa desta veciña de Xove, onde a acompañaban os seus familiares para celebrar este día, facéndolle entrega dun ramo de flores e unha tarta de aniversario. Aos seus 100 anos, Constantina fixo gala do seu bo humor e simpatía.
