Ribadeo, 4 de novembro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, denuncia que a Xunta de Galicia siga sen atender as reiteradas peticións feitas polo Concello para proceder á mellora da rede de abastecemento, que se atopa moi deteriorada.
O rexedor ribadense dixo: “vemos con moita sorpresa e admiración que Augas de Galicia, este organismo dependente da Xunta, vaia licitar obras de auga e de saneamento por máis de 8 millóns de euros en tres concellos da Mariña, do cal nos alegramos profundamente”.
Fernando Suárez manifestou que “isto lévanos a ver con gran desgusto a desatención que ten a Xunta de Galicia nestes anos con Ribadeo, e máis que con Ribadeo en si coas xentes de Ribadeo, porque os concellos formámolos homes e mulleres, nenos e vellos, independentemente si votan ou non votan a quen estea na Xunta de Galicia, neste caso a que ten as competencias para resolver o problema ao que me estou referindo”.
O alcalde insistiu en que “levamos desde hai anos indicándolles aos responsables da Xunta de Galicia cal é a situación límite das tubaxes do subministro de auga na súa captación principal, que ven desde Vilarbetote no concello de Trabada, é dicir máis de vinte quilómetros de rede con máis de corenta anos de antigüidade que rompe con moita frecuencia. Na Xunta de Galicia tamén son coñecedores dos graves problemas de lixiviados que tivemos, de vertidos, na outra captación de Lexoso, no río Grande”.
Suárez Barcia explicou que “son sabedores do que recadan anualmente dos veciños e das veciñas deste concello polo concepto do canon da auga e do canon de saneamento, aproximadamente uns 200.000 euros por cada concepto, que lles achegamos ás arcas autonómicas”.
Fernando Suárez subliñou que “desde logo alegrámonos polos veciños de Foz, de Cervo e de Mondoñedo, pero que non esquezan os responsables da Xunta que os de Ribadeo, como dicían os vellos, tamén son de deus”.
O rexedor ribadense lembrou que “a Xunta redactou hai varios anos un proxecto de aproximadamente 5 millóns de euros para cambiar a tubaxe desde Trabada, que por certo tamén afecta de maneira importante a ese concello veciño e tamén a Ribadeo, 5 millóns de euros e o proxecto está nun caixón da Xunta. Posteriormente a propia Xunta fixo unha separata dunha primeira fase deste proxecto de aproximadamente 1 millón de euros, que tamén dorme neste caso debe de ser noutro caixón. E agora leva meses prometéndonos un pequeno apaño de varias ducias de miles de euros para poñer en funcionamento as vellas Fontes do Lobo do que tampouco sabemos nada, e aínda que non resolvería o problema si axudaría a paliar un posible desabastecemento”.
Suárez engadiu: “en conclusión calquera día diante dunha nova rotura da traída xeral porque se atopa nun estado moi obsoleto, vai romper nun lugar deses vinte quilómetros de acometida de difícil acceso, Ribadeo pode quedar desabastecido de auga. Na Xunta son conscientes diso a pesares de que actúan dun xeito absolutamente inconsciente, e máis eu diría que actúan dun xeito caciquil. Eu quero dicir isto unha vez máis, e xa van non sei cantas, porque isto debe sabelo a cidadanía, os que os votaron hai ben pouco tempo e os que non o fixeron, porque a auga bebémola todos e todas”.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



