O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno novos investimentos por valor de case 1,5 millóns de euros (1.478.964 euros) para mellorar prestacións públicas de 11 Concellos da provincia. Así o comunicou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, que desglosou as actuacións que se financian:
• Pantón: son 60.000 euros da Deputación para mellorar o abastecemento de auga en 5 núcleos rurais: Guítara, Toldaos, Curro, Verdeal e Goyán.
• Navia de Suarna: son 126.000 euros da Deputación para o arranxo e sinalización de vías e accesos municipais a 24 núcleos rurais: Figueira, Signada, Enbernallas, Ribeira, Balsa, Rao, Aigas, Freixis, Vallo, Vilor, Villarin, Cernada, Tabillón, Trabadelo, Traserra, O Vilar, Son, Robledo de Son, Coea, Penamil, Cantorcia, Ribón, As Covas e Barcia.
• Láncara: son 150.000 euros da Deputación para o acondicionamento de estradas e accesos municipais a 10 núcleos rurais: Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Busto-Cedro, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, Monseiro.
• Cospeito: son 481.741 euros da Deputación para mellorar as redes de abastecemento de auga de 12 núcleos: Desecavo, O Sumiero, Millarada, Monte, Toxar, Ponte Vilar, O Calvario, Sisto, O Rego, Grandela, Casás e Santalla.
• Lourenzá: son 150.400 euros da Deputación para o acondicionamento dun treito do Camiño, que vai de Zapateiro a San Adriano.
• Ourol: son 144.000 euros da Deputación para o arranxo de vías e accesos municipais a 7 núcleos rurais; para o acondicionamento do pavillón polideportivo municipal; e para a mellora da canalización de auga da Casa Consistorial.
• Ribeira de Piquín: son preto de 70.000 euros para colaborar co Concello na posta en marcha dun Centro de Día para maiores no Chao do Pousadoiro.
• Ribadeo: son 60.000 euros da Deputación para melloras no auditorio municipal Hernán Naval.
• Alfoz: son 150.000 euros da Deputación para mellorar a ETAP e accesos municipais a 6 núcleos rurais. Concretamente, en Airas, Pereiro, Lagoa, Castro, Carballido e Bacoi.
• Cervantes: son 19.000 euros da Deputación para novas actuacións de mellora no alumeado público no Piornedo, fóra do seu núcleo central, pois onde están as Pallozas contan con esta instalación, precisamente, grazas ao financiamento da Deputación.
• Palas de Rei: son case 50.000 euros da Deputación para a mellora dun treito da LU-P-2901, polo Burgo e Vilamaior de Negral. É a vía que fai de acceso á autovía a Santiago.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de 9 obras de mellora en accesos a núcleos poboacionais, viñedos, explotacións agrogandeiras e centro socioculturais por valor de 53.530 euros da Deputación. Son subvencións do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Tamén resolveu a contratación dun desempregado lucense, que comezará a traballar de peón gandeiro nunha explotación de Castroverde, a través do Ben Empregado.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



