Mondoñedo, 4 de novembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo vén de convocar o concurso ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’ que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2017 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.
Os destinatarios da iniciativa son todos os alumnos do Instituto de Educación Secundaria San Rosendo aos que a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, convida a participar a no envío de fotografías ao Concello. Entre as imaxes recibidas, un xurado profesional elixirá doce, unha por cada mes do ano, para a creación do calendario de 2017.
O alumnado poderá facer chegar a imaxe do seu “lugar favorito de Mondoñedo, aquel que máis lle guste ou máis sentimento e vivencias lle transmita”, explica Candia, ao Concello a través do enderezo electrónico concellomondonedo@gmail.com ou do postal Concello de Mondoñedo. Praza do Concello nº1. Mondoñedo, ata o día 30 de novembro.
O xurado, encargado de seleccionar as fotos dos mellores recunchos de Mondoñedo, estará composto por persoal da oficina de rehabilitación e fotógrafos profesionais. Pola súa banda, os autores das fotografías seleccionadas recibirán como premios un lote de libros “e algunha sorpresa a maiores”, engade a rexedora, ademais de que o nome dos galardoados figurará no calendario como autores das imaxes.
Elena Candia amósame moi contenta con esta iniciativa xa que “nos permite desenvolver o sentimento que temos pola nosa cidade, polos lugares que nos traen os nosos mellores recordos, por aqueles que máis sentimos ou polos que simplemente máis nos gustan”. Polo tanto, Candia destaca o aspecto “sentimental” desta iniciativa xa que “permitirá aos participantes mergullarse nas súas vivencias na cidade e no rural, recorrer os recunchos que máis lles apaixonen e facelo en complicidade coa familia”.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



