Con emoción acaba de recibir o noso Concello de Xove a noticia do premio acadado por Rita Morrigan, pseudónimo escollido pola escritora xovense Lucía Meitín.
“Lucía/Rita ou Rita/Lucía, ademáis de escritora de novelas, é unha compañeira que exerce o seu traballo no Laboratorio de Investigación Social do noso Concello”.
O Premio Vergara-El Rincón de Novela Romántica está considerado un dos máis importantes premios, senón o máis, deste xénero literario en España e Hispanoamérica. Da importancia deste premio dan fé os 256 manuscritos presentados na edición deste ano, procedentes de toda España e Hispanoamérica, aos cales tivo que enfrentarse a nosa escritora.
Corazones en el café é o título da novela coa que conseguiu o Premio. Aparte dos traballos publicados como investigadora social, dentro do que é a novela romántica este sería o seu sexto traballo. Facendo un repaso cronológico, as cinco novelas xa editadas serían: Dulce camino espinoso (2010), Íntimo sendero de magia (2012), El sueño de una bruja (2014), Perfecta para mí (2015) e La Luna en tus manos (2016).
O alcalde Demetrio Salgueiro, en representación do pobo de Xove, quere mostrar a súa ledicia por este premio e transmitirlle a Lucía os seus máis sinceiros parabens por este fito que nos enorgullece a tódolos xovenses.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



