O grupo de teatro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña participa na II Xornada de Teatro e Saúde Mental, organizada pola Asociación Andaina Pro Saúde Mental en Ordes. A xornada desenvólveuse ao longo do mércores 14 de decembro. Nesta ocasión a obra representada foi “A marabillosa mente de Alicia”. Esta obra acercanos ao mundo da fantasía a través das aventuras de Alicia e destaca polo vestiario, maquillaxe e a interpretación dos usuarios/as.
Nesta ocasión ademáis de ANDAINA e A MARIÑA tamén participaron a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), Asociación de familiares e enfermos mentais MOREA e DOA Saúde Mental (todas elas pertencentes á Federación Saúde Mental Feafes Galicia).
Así a través da expresión artística os participantes compartiron escenario e tamén traballaron a empatía e crearon lazos de compañeirismo e amizade que trascenden o escenario.
Dende “A Mariña” queremos agradecer e recoñecer o esforzo e o traballo dos compañeiros de Andaina por sacar adiante estas xornadas, que repercuten moi positivamente no ánimo e calidade de vida dos nosos usuarios/as.