A ACD.XOVE fixo este xoves 8 de decembro a presentación do novo patrocinador das Escolas de Fútbol Sala e Fútbol 8: MESÓN-PIZZERIA “A FUGA”.
Fíxose a entrega dos equipamentos de competición novas e tamén quitaron unhas cantas fotos de todos os equipos xuntos e logo equipo por equipo.
“Dende a familia deportiva da ACD.XOVE queremos dar as GRACIAS a Rocío, dona do Mesón-Pizzería “A Fuga” por todo o apoio que nos está dando”.
Ao mesmo tempo fixemos a presentación dunha nova pancarta -deseñada por Lorena Design-, pois para o ano que ven cumprimos 15 anos de ACD.XOVE.
Ademais de Lorena, tamén queremos agradecer “á nosa fotógrafa Lucía Bermúdez que plasmou perfectamente todo estos actos de hoxe e nos inmortaliza tódalas cousas que vamos facendo”.