Santiago, 07 decembro 2016. Igualdade de dereitos nunha Unión Europea que debería ser máis xusta e solidaria. Esta foi a reivindicación conxunta que este mércores realizou no Parlamento Europeo a delegación de 65 persoas do sector cultural galego que, a iniciativa da eurodeputada Lídia Senra, se desprazou a Bruxelas co obxectivo de visibilizar a situación na que se atopa a cultura galega e expoñerlle a membros da Comisión Europea as súas demandas. Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá dentro do Parlamento Europeo, a eurodeputada de AGEe, integrada no GUE/NGL, reivindicou o galego como pobo vivo e plural e afirmou que a cultura galega “sigue viva, a pesar da deixadez e incluso dos ataques das súas institucións, que deberían ser as primeiras na súa promoción e no apoio ao seu desenvolvemento”.
Acompañada pola cantante Uxía Senlle, polo membro da directiva de Escena Galega, Borja Salcedo, e pola escritora Chus Pato, Senra acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de facer leis “contra a nosa lingua” e de aplicar “políticas de austeridade que van contra a nosa cultura”, en referencia ao recorte nun 44% dos orzamentos destinados a este sector nos últimos catro anos. “Tampouco as institucións da UE están facendo nada para contribuír ao florecemento das diferentes culturas dos Estados membros e ao respecto das diversidades nacionais”, engadiu, “porque esta UE está construída en base aos Estados-nación e contra os pobos”, denunciou.
Neste sentido, Lídia Senra afirmou que “temos un Goberno do Estado que despreza, e cada vez máis, a nosa cultura porque sabe que tal e como recolle a Declaración de México, a afirmación de identidade cultural contribúe á liberación dos pobos e calquera forma de dominación nega ou deteriora dita identidade, cousa que fai o noso goberno negándose a recoñecer a realidade plurinacional do Estado”, dixo. “Tanto o Señor Feijóo como o Señor Rajoy saben que a cultura constitúe unha dimensión fundamental do proceso de desenvolvemento dos pobos e contribúe a fortalecer a independencia e a soberanía e a identidade nacional Por iso non a defenden”, engadiu.
A deputada amosou a súa intención de contribuír coas xornadas que hoxe comezaron no Parlamento Europeo á visibilización da cultura galega en todas os eidos e tamén a “reivindicar o papel das persoas traballadoras do sector e o seu dereito a vivir da súa actividade, o dereito do pobo de acceder á cultura e o enorme papel das asociación de base na defensa do patrimonio cultural e en manter viva a nosa cultura”.
Pola súa banda, Uxía Senlle, Chus Pato e Borja Salcedo leron entre os tres unha Declaración sobre a cultura galega elaborada entre toda a delegación nos días previos á visita a Bruxelas. Nela, incidiron en que “Galiza entende a cultura como aquelo que nos permite recoñecernos” e criticaron que “a UE parece ter esquecido que todo feito identitario comeza por ser cultural”. “Para iso estamos aquí, para lembrar que a cultura galega existe de par doutras e que, por esquecemento, ignorancia ou desinterese, está sendo agredida como está sendo agredida a idea dunha Europa xusta e solidaria, socialmente diversa e culturalmente equitativa”. “Esa é a Europa que Galiza reclama aquí”, dixo Borja Salcedo.
Neste sentido, Chus Pato denunciou o “constante baleirado político e económico que padecen as culturas europeas na propia Europa”. “A cultura galega, as súas institucións e manifestacións tradicionais e actuais, están sendo sometidas a un baleirado económico así como a un desprezo do seu carácter distintivo, ademais de a un preocupante desinvestimento como o que levou a cabo o Goberno galego nos últimos 4 anos”. “É un desprezo que a cultura galega non mereza a excepcionalidade cultural que a súa existencia demostra”, dixo.
Uxía Senlle, para pechar, engadiu que “a cultura galega ao igual que a lingua padecen un mesmo asedio, o asedio provocado pola inexistencia de políticas específicas coñecedoras do contexto cultural, social, económico e artístico, tendo por homoxéneas comunidades, tradicións, usos e interpretacións dos novos medios e imaxinarios colectivos que son diferenciais”. A vocalista galega defendeu a nosa cultura como unha “cultura completa, plural e madura, de fonda potencia poética, visión crítica e forza lúdica”. “A cultura galega é memoria, resistencia e contemporaneidade e está aquí para proclamar a heteroxeneidade e reclamar a igualdade efectiva dos dereitos que corresponden conforme ao Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais asinado pola Asemblea de Nacións Unidas no 2012”. “Galiza e as traballadoras e traballadores da cultura galega, como corpo cidadán e profesional, estamos aquí na sede do Parlamento Europeo para reclamar o dereito europeo fundamental ao acceso da cidadanía europea, e polo tanto galega, á produción, oferta, diversidade, recursos e medios de expresión da cultura de forma efectiva e universal como feito constitutivo do proxecto político que nos une”, concluiu.
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



