Foz, 26 de decembro de 2016. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns a licitación das obras de reforma integral do pavillón municipal de deportes de Foz. Cun investimento de case 600.000 euros, esta actuación é froito do acordo acadado entre o equipo de goberno do PP e o grupo municipal do BNG. As empresas interesadas dispoñen de dez días de prazo para presentar as súas ofertas.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “hoxe é un bo día para o deporte local porque, ademais de presentar a nova pista de pádel, o Concello de Foz publica no Boletín Oficial da Provincia a licitación da obra de reforma integral do pavillón municipal, que, como todos sabemos, non está nas mellores condicións e leva moitos anos sen tocar”.
O rexedor municipal salienta que “é un investimento integramente feito polo Concello con cartos de todos os focenses, que ascende a case 573.000 euros inicialmente no presuposto e que é froito dun acordo para o uso en investimentos do remanente do ano 2015, un acordo acadado entre o equipo de goberno, o Partido Popular, e o grupo municipal do BNG. Estamos en proceso de negociación do orzamento municipal para 2017 e eu creo que debe quedar moi claro que aqueles grupos que apoian os orzamentos do Concello loxicamente os cidadáns deben visualizar que efectivamente iso se transforma en investimentos e beneficios para todos os veciños; e neste caso para todos os deportistas e usuarios do pavillón municipal”.
Javier Castiñeira lembra que “os usuarios do polideportivo son moitos, non só o Club Deportivo Celtas que xoga alí e era unha demanda que tiña, senón outros moitos, como por exemplo equipos de ximnasia rítmica, artes marciais, fútbol sala de veteranos. Todos estes usuarios teñen que saber que esta reforma é froito dun acordo entre o BNG e o Partido Popular; e eu creo que saberán valorar que os esforzos políticos ao final levan a obras necesarias. Creo que é de xustiza que se saiba que aqueles que se comprometen politicamente no pleno da corporación municipal, ao final teñen certos beneficios, como é poder dicir que isto é froito dun bo acordo”.
O alcalde de Foz engadiu que “hai agora 10 días para que presenten ofertas diferentes empresas e a partir de aí puntuarase segundo os criterios postos nas bases. Trataremos de que esta obra non impida que se rematen todas as competicións que hai agora mesmo en curso e que se disputan no pavillón municipal, para o que intentaremos facela tal vez un pouco máis avanzada a primavera coa intención de que interrompa o menos posible”.
Castiñeira rematou comentando que “estamos contentos e esperanzados en que tal vez ao inicio da próxima tempada se poida contar xa cunhas instalacións totalmente decentes, coa cuberta cambiada, sen goteiras, sen humidades, cun novo parqué e con reformas interiores en aseos e vestiarios e tamén na zona de público, con novas bancadas. Contentos porque imos poder levar a cabo unha obra que era moi demandada no noso concello”.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



