Cervo, 26 de decembro de 2016. O Concello de Cervo fixo entrega este luns de 29 axudas de 200 euros cada unha para o transporte de veciñ@s do concello que estudan fóra do municipio. No acto estiveron o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Educación, Dolores García.
Alfonso Villares explicou “desde o Concello de Cervo vimos de dar as axudas para o transporte escolar daqueles alumnos do concello de Cervo que cursen estudos fóra do noso termo municipal. Estas axudas están dirixidas tanto para aqueles rapaces que estuden algún tipo de educación secundaria postobrigatoria, ben sexa Bacharelato que non se imparta nalgún centro do concello, formación profesional de grao medio, ensinanzas profesionais de artes plásticas e de deseño de grao medio e de ensinanzas deportivas de grao medio. Tamén a aqueles rapaces que fagan algún tipo de educación superior, ben sexa ensinanza universitaria tanto diplomatura, licenciatura ou grao, nas ensinanzas artísticas superiores, na formación profesional de grao superior, nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e nas ensinanzas deportivas de grao superior. Estas axudas incluso incorporan tamén a aqueles rapaces que fagan estudos musicais impartidos en conservatorios e escolas de música”.
O rexedor municipal engadiu que “unha vez estudados todos os expedientes que se presentaron foron 29 as axudas que se deron por este programa cun total de 200 euros por cada alumno”.
Villares asegurou que “imos seguir, desde o Concello de Cervo, apostando por este programa porque cremos que é un xeito en boa medida de apoiar á educación para aqueles rapaces que queiran facer algún tipo de estudo que non haxa no noso termo municipal. Tentaremos cada ano buscar formas para incrementar estas axudas”.
O alcalde comentou tamén que “estas axudas compleméntanse coas becas FEUGA, polas que tamén estamos apostando desde o Concello de Cervo para que unha vez que rematan estes estudos poidan recibir unha formación xa laboral, ben sexa no Concello ou nalgunha empresa do termo municipal ou de fóra del”.









A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



