Xove 27-12-16. Continuando coa programación prevista, para o XOVES, 5 DE XANEIRO do vindeiro ano a Concellería de Cultura ten previsto, como en anos anteriores, a celebracións da CABALGATA DE REIS.
Dende o Concello estase a traballar a reo para que todo esté preparado este máxico día. Nestes intres estanse poñendo a punto as carrozas e outros vehículos que van ir no desfile.
Un dos puntos fortes da nosa cabalgata é a participación de distantas persoas e colectivos na mesma. Neste sentido, dende o Concello queremos facer un chamamento aos nenos/as que se apunten para participar como pastores na Cabalgata. Para anotarse é moi sinxelo: terán ata o venres 30 de decembro (incluído) e bastará con chamar ao teléfono do Concello 982 59 20 01 e xa os apuntan.