Un grupo de 10 rapaces e rapazas estivo a participar nas últimas semanas en Burela nun obradoiro de retrato debuxado, organizado pola Concellería de Xuventude e impartido na Casa da Xuventude. Os asistentes recibiron nocións de introducción ao debuxo do rostro humano, aprendendo os conceptos relacionados co desenvolvemento do retrato e enfrontáronse ao papel en branco. O curso, que se enmarca na programación deseñada polo Concello para a Casa da Xuventude, foi impartido por Óscar Villarquide, licenciado en Belas Artes na Facultade de Pontevedra.
