O CEIP de Riotorto acolle o sábado 17 de decembro unha xornada sobre xogos tradicionais a partir das 16.00 horas. O xogo das nenas e nenos veu evolucionando nos últimos anos cara patróns cada vez máis individualistas, centrados en instrumentos tecnolóxicos e as máis das veces influenciados pola publicidade e o mercado. As actividades presentadas nesta xornada están orientadas ou relacionadas co xogo popular e tradicional. Xogos que, co paso do tempo, foron perdendo a súa presenza tanto en escolas infantís coma nas familias.
Xogos tradicionais no CEIP de Riotorto
Xogos tradicionais no CEIP de Riotorto
Relacionado
-
O restaurante ribadense El Oviedo celebra unha cata de viño única xunto co enólogo e adegueiro Manu Méndez
-
Esta martes celebrouse no Espazo Cultural El Liceo o acto de presentación oficial da candidatura da Comunidad Cultural, Deportiva y Paisajista de Navia ao Premio Pobo Exemplar de Asturias 2025, promovido pola Fundación Princesa de Asturias
-
Este luns inaugurouse na Casa da Cultura do Concello do Vicedo a exposición ‘Retratos e paisaxes’, unha escolma da obra máis recente do pintor vigués Gonzalo López-Abente Ortega