Este venres, día 27 de xaneiro, celebraremos no CPR Martínez Otero, con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, o “Día da Non Violencia e a Paz”. Nesta data, que para nós é cada día do ano, facemos fincapé na necesidade de que a educación sexa un dos mellores mecanismos para a transmisión de valores como a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Nesta xornada, lúdica e festiva, realizarase unha Eucaristía pola Paz na Igrexa Parroquial e un xogo colaborativo entre os diferentes cursos. Ademais, e para rematar esta celebración, ás 15h20 no Salón de Actos do Colexio, teremos o luxo de contar co Coro Xuvenil da Escola Municipal de Música de Foz. O concerto está aberto a todas aquelas familias que se queiran achegar.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



