Lourenzá, 21 de xaneiro de 2017. O Pazo de Tovar acollerá os días 27 e 28 deste mes, venres e sábado, as primeiras Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que están organizadas polo Concello. Foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.
A rexedora municipal anunciou que “este fermoso lugar foi o escollido para facer este percorrido que nos levará anos atrás na historia do noso pobo. Dende o Concello facemos extensible esta invitación a todos os laurentinos e a outras xentes de comarcas limítrofes. Dende aquí invitámolos a participar nestas xornadas que, sen dúbida, nos remontarán ós inicios que foron dando forma á identidade e á historia do noso concello. Moitos dos asistentes recordarán xa ter oído falar aos seus devanceiros dalgún destes acontecementos. Será como unha viaxe ás orixes, que nos mostrará como naceu, onde viviu e como foi medrando este nen@ que leva por nome Lourenzá”.
Rocío López explicou que “o concelleiro de cultura, Manuel Arango, será o encargado de inaugurar as xornadas o venres 27 a partir das 19:30 horas. A continuación Manuel Román Ramos, veciño de Lourenzá, dará unha conferencia que leva por título Lourenzá: o nacemento dun concello. O sábado 28 terán lugar outras dúas conferencias: a primeira delas está prevista para as 18:30 horas da man de Vidal Martínez-Sierra e tratará sobre a emigración laurentina a Cuba entre os anos 1880 e 1930; e a segunda será as 20:00 horas, impartida por Xoán Ramón Fernández Pacios e que versará sobre a Crónica Negra Laurentina. Ó remate das conferencias unha actuación musical do cantautor galego Tino Baz será a encargada de poñer o toque musical á xornada”. A continuación a alcaldesa de Lourenzá procederá a clausura.
O Concello de Lourenzá agradece “a todos os que colaboran na posta en marcha desta iniciativa: Área de Cultura da Deputación, María José López, Miguel Gavín, José Ventoso, Tino Baz e os relatores encargados de impartir as conferencias”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



