Viveiro (Lugo), 21 de xaneiro de 2017.- A sede da Agrupación Socialista de Viveiro acolleu este venres a primeira xuntanza de traballo, que a Xestora programou por toda a provincia, para analizar a situación actual do partido, e tamén coordinar e informar da actuación socialista nas diferentes institucións, como son o Congreso dos Deputados, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación Provincial.
Nesta reunión, participaron o Presidente da Xestora Lucense, Luis Angel Lago Lage, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, a Deputada provincial e Alcaldesa de Trabada, Mayra García, a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz, os deputados autonómicos, José Luís Álvarez, e José Antonio Quiroga, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto con todos os edís do seu equipo de Goberno, o Alcalde de Ourol, José Luís Pajon, así como representantes das agrupacións de Vicedo, Xove e Cervo.
Nesta primeira xuntanza avanzouse sobre a situación na comarca, remarcando a necesidade de buscar unha solución ao trazado da variante de Viveiro, demandouse unha maior implicación por parte da administración autonómica na creación e xeración de emprego, e criticouse os paseos triunfais do PP na Mariña. Sobre asuntos orgánicos, emprazouse a toda a militancia a participar activamente en todos os procesos que o PSOE ten nas vindeiras datas.
.
Próximas reunións
As seguintes convocatorias que a Xestora ten programado son as seguintes; o xoves día 26 será en Monforte; o 2 de febreiro en Vilalba; o día 9 en Foz; o xoves día 16 en Sarria; o 23 na Fonsagrada, e por último o día 2 de marzo na Mariña Oriental.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



