Madrid 20-1-17- O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, fixo unha valoración positiva do acto de presentación da riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica desta comarca que realizou esta tarde en Fitur, en Madrid, o xornalista lugués Jenaro Castro, director do programa Informe Semanal, de TVE.
Para Llano “foi un acto moi guapo porque foi moi ben exposto o que tíñamos que destacar. Falouse de todos os concellos, pero tamén a idea que se transmitiu foi única: A Mariña lucense como destino turístico. Nosoutros o que queremos é que a xente que se aproxime á nosa comarca poida ter a oportunidade, e ademais debe facelo así, de visitar todos os concellos, tanto do litoral como do interior”. O presidente da Mancomunidade engadiu que “falamos das características xerais, que son moi importantes: da pesca, da gastronomía, da ruta dos artesáns, da cultura, dos festivais, das festas, etcétera. Fixémolo destacando sobre todo que a nosa posición é para ter un turismo de calidade, pouco masificado e que a xente que veña se marche moi contenta e todo o mundo queira volver”.
Na súa intervención o embaixador mariñán, elixido para a ocasión, Jenaro Castro dixo que “A Mariña es la combinación de playa y campo más fiable y rica de la naturaleza española. A Mariña es una fotografía de ensueño y de auténtica verdad, un video en 3D de realidad aumentada, un paisaje tan realistamente digital como un cuadro de Monte, un tuit más brutal y efectivo que los de Donald Trump, en el buen sentido del ejemplo… A Mariña es a la playa salvaje lo que la plaza del Obradoiro al Camino de Santiago: una meta en sí misma, la madre de todos los caminos que llevan a la Catedral santiaguina y no a Roma, una experiencia metafísica y mística próxima al prodigioso milagro del descubrimiento de lo desconocido”.
Jenaro Castro fixo un percorrido por todos os concellos que conforman a Mancomunidade de Municipios da Mariña e por todos os potenciais turísticos de cada un eles, sen esquecerse por exemplo, da gastronomía. O xornalista rematou sinalando que “A Mariña es mágica, porque parece hecha por meigas buenas que nunca especularon con la malvada burbuja inmobiliaria. A Mariña es épica, repleta de tradiciones, leyendas, Historia e historias, monumentos y cultura, que se diría para soñar. A Mariña es una gran fiesta popular a lo largo y ancho de todos sus pueblos, esculpida de perfección celta, solidez medieval y tonalidades de luz con identidad. A Mariña es religión y culto pagano, procesiones y carnaval, con gran simbolismo en los cruceiros y enorme lealtad costumbrista hacia la convivencia solidaria y plácida. A Mariña es la perla de Galicia, un tesoro para compartir, todo un escaparate de verdad fiable, rica y bella que se nadie se puede perder y que debemos promover más allá del paisanaje”.
No acto desta tarde interviñeron tamén o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Deputación, Darío Campos, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano.
Alcaldes, concelleiros, deputados, empresarios e público en xeral arrouparon coa súa presenza á comarca da Mariña, que tanto ten que mostrar aos que a visitan. Entre os asistentes á presentación desta tarde estaban a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



