Viveiro 25-1-17. Profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro mantiveron unha xuntanza, a tarde do venres pasado, coa deputada parlamentar e membro da Comisión de Educación e Cultura no Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, co deputado provincial, Antón Veiga e membros do BNG de Viveiro. O obxecto desta nova reunión era escoitar as demandas do profesorado e avanzar nas propostas e alternativas de cara a buscar solucións para a integración do conservatorio viveirense, entre outros, na rede de conservatorios da Xunta de Galiza.
O Conservatorio de Viveiro que conta cuns 24 profesores/as que imparten clases de música a distintos niveis a máis de 300 alumn@s de toda a Mariña e Ortigueira, é un centro de referencia na Comarca e de recoñecido prestixio en Galiza pola súa calidade educativa, onde se formaron múltiples profesores e profesionais da música que ocupan prazas en distintos conservatorios de música. Un centro musical, patrimonio cultural de toda a Mariña, que debería ser de competencia e de titularidade da Consellería de Educación, está sendo ignorado e desatendido pola Xunta, mentras é o concello de Viveiro o que está asumindo a maior parte do seu custo de mantemento, máis 600 mil euros anuais e onde as familias d@s alumn@s son castigadas a pagar entre 3 e 5 veces máis de matrícula que as familias d@s alumn@s doutros conservatorios de música integrados na rede da Xunta.
O BNG concordan co profesorado en que, como medida curtopracista, débese buscar financiación doutras administracións (Xunta, Deputación…) para paliar na maior medida do posible o sobrecusto do concello e das familias d@s alumn@s, e neste punto, a deputada Olalla Rodil trasladou aos representantes do Conservatorio de Viveiro que o grupo parlamentar do BNG viña de presentar dentro das súas emendas aos orzamentos da Xunta unha solicitude de liñas de axuda para o 2017 destinadas ao mantemento de conservatorios de música de titularidade municipal.
De xeito paralelo e xa como solución a medio-longo prazo, o BNG manifestoulles aos asistentes que o grupo parlamentar nacionalista ía presentar nas vindeiras semanas unha proposta á Consellería de educación para que realice un estudo do mapa de conservatorios de música de Galiza co obxecto de analizar, a súa situación xeográfica, o número, as características dos mesmos, a demanda e necesidades da poboación de cara a ir incorporando escalonadamente conservatorios, de características similares ao de Viveiro, á rede de conservatorios da Xunta de Galicia

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



