Ribadeo, 10 de febreiro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, solicita ao goberno do Estado e á Xunta de Galicia que tomen medidas inmediatas diante da praga de couza guatemalteca que lle afecta á produción de pataca do agro mariñán. O rexedor critica a tardanza coa que están a tomar medidas para facer fronte a esta nova problemática que Suárez Barcia cualifica de desgraza. E asegura que xa solicitou hai días que técnicos de Medio Rural se acheguen a Ribadeo a ofrecer información á veciñanza.
Para Fernando Suárez “este é un tema de actualidade que está preocupando a moita xente, que nos preocupa moitísimo a nós, porque se dan as situacións paradoxicas que nestes días recibo aquí na Alcaldía a moita xente que me pregunta e me pide que os aconselle sobre se deben plantar patacas ou non”.
O alcalde de Ribadeo fai un chamamento “ao goberno do Estado e á Xunta de Galicia que, como isto para outras cousas, se atopa neste caso o Ministerio moi lonxe de aquí, moi lonxe das angustias e das preocupacións das xentes do agro. Porque quizais en Madrid non saben que aquí se labran as patacas de cedo e as patacas de tarde, quizais non saiban en Madrid que a meirande parte da semente xa se ten mercada e xa está nas casas dos labregos, ou daqueles que non sendo lábranas para o seu autoconsumo, e que están desesperados e preocupados porque agora non saben qué facer”.
Fernando Suárez engadiu que “se lles está dicindo que se recomenda non labrar, que dentro dunhas semanas sairá un decreto que o prohibirá, pero desde que se leva dicindo ata que no futuro se prohiba, a xente non sabe qué facer con estas patacas. Urxe polo tanto que se aclaren as medidas de xeito inmediato e non nas próximas semanas”.
O rexedor subliñou “por outra banda desde a Xunta teñen que reaccionar inmediatamente, e establecer charlas en todos os concellos afectados. En Ribadeo xa o solicitamos hai varios días, para que os técnicos informen á cidadanía sobre cómo actuar diante desta desgraza”.
O alcalde ribadense considera que “isto é unha desgraza e moito me temo que esta problemática veña para quedarse moito tempo, de feito nas Canarias prohibiuse e levan máis de dez anos sen levantar esa prohibición de labrar patacas alí. Aquí a verdade é que, por unha cousa ou por outra, parece que estamos obrigados a ser consumidores e non produtores. Se non é pola avespa velutina, polos problemas do leite, polos límites á construción naval, pola restrición nas enerxías renovables como a eólica, e agora como si se tratase dunha praga bíblica ven a couza guatemalteca a facerlle mal á nosa pataca”.
Fernando Suárez denuncia que “tanto o goberno da Xunta como o goberno do Estado sabendo isto dende hai tempo, reaccionaron moi tarde. É tempo pois de recuperar todo este tempo perdido”.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



