O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, desprazouse esta mañá ao IES Monte Castelo para presentarlles aos alumnos e alumnas o I Concurso de Curtas gravadas con Móbil. Haberá varias categorías e un primeiro premio dotado con 600 euros. O prazo de recepción de traballos comezou o día 15 deste mes. As mellores proxectaranse despois das festas patronais de Burela. Díaz animou a rapaces e mestres a participar neste certame.
