Ribadeo, 15 de marzo de 2017. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, participará este venres, 17 de marzo, en Nigrán nun acto de integración de novos concellos no programa Apego do que forma parte o concello ribadense. Farruco Graña invita a todos os concellos da Mariña a sumarse a esta iniciativa para potenciar o uso do galego entre os máis novos desde o núcleo familiar.
Respecto á actividade cultural durante esta fin de semana en Ribadeo, Farruco Graña detallou que “esta fin de semana preséntase de novo interesante en Ribadeo para que todos e todas poidamos participar da intensa actividade cultural ribadense. Ademais temos que felicitarnos porque nesta ocasión hai iniciativa privada, entidades privadas que se suman ao desenvolvemento da actividade cultural ribadense. Tanto no Cine Teatro como na Casa das Letras poderemos por unha banda escoitar a un excelente monologuista e por outra asistir a unha interesante exposición de contidos dun ensaio de economía. E desde logo para nós é un pracer que haxa iniciativa de entidades de carácter privado, ben sexa con fin social, político, cultural ou empresarial, todo é benvido na actividade cultural ribadense”.
Por outra banda o concelleiro de Cultura anunciou que “o venres pola mañá o Concello de Ribadeo vai estar representado nun acto de sinatura de novas incorporacións ao programa Apego. Desprazareime ata Nigrán para participar neste acto de benvida para os novos concellos que se suman e de reafirmación por parte daqueles que xa estamos. Queremos congratularnos porque concellos como Cee, Ponteareas, O Carballiño, Sada e Nigrán súmanse ao programa Apego”.
Farruco Graña quere “chamar a atención sobre que en Ourense son xa dous concellos os que están incorporados, o da propia cidade de Ourense máis o de Carballiño que se suma agora. En Lugo estamos os Concello de Lugo e de Ribadeo e gustaríanos, e sabemos que hai xente interesada, animar aos Concellos de A Mariña e de toda a provincia de Lugo en xeral, a sumarse a un proxecto precioso. Cando falamos de nenos ou nenas recen nacidos ou con 1, 2 ou 3 anos, este sábado puidémolo comprobar na biblioteca El Viejo Pancho, o bonito que era velos a todos eles con toda a emoción escoitando os Nanocontos de Queizás. Eles vivíano de maneira moi intensa e os propios pais e nais que estaban alí. Puidemos gozar dunha excelente exposición e ver como os nenos e nenas ían enriquecendo o seu vocabulario porque iso é do que se trata, desenvolver a nosa capacidade de coñecer todo o noso entorno adquirindo máis vocabulario e participando de forma lúdica nun acto deste tipo. Este acto intégrase no programa Apego”.
Para o edil de Cultura ribadense “sería marabilloso que nos fóramos sumando pouco a pouco desde a provincia de Lugo e desde A Mariña luguesa a este proxecto porque dá moitísimo de si. Ten a compoñente máis educativa desa caixiña na que veñen unha serie de elementos para orientar a educación dos cativos e darlles actividades lúdicas, como tamén a compoñente máis lúdico festiva de diversos actos culturais que se integran neste programa. Quero aproveitar a ocasión para lembrar a todos os concellos da provincia de Lugo e da Mariña luguesa especialmente, que se informen e se apunten ao programa Apego porque será moi enriquecedor e unha maneira máis de potenciar a presenza de nenos e nenas que son o noso futuro nos nosos concellos”.
Farruco Graña engadiu que “precisamente no contexto do programa Apego, o domingo, 19 de marzo, ás cinco e media da tarde no Cine Teatro e para toda a familia, estará a compañía os Ghazafelhos para representarnos a obra Iriña bailarina, que é á igualdade entre homes e mulleres desde o berce mesmo. Iriña é unha bailarina que vive nunha caixa de música e que ten unha especial ilusión por saír desa caixa ao mundo e xogar de maneira distinta, ao futbolín, a ser pirata, ser ela mesma e non limitarse a ser o que lle toca por ser nena. Vai ser un acto precioso para toda a familia, nenos e nenas, pais e nais gozando dun bo espectáculo no que todos aprendemos sobre todo a amar a nosa lingua”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



