Lugo, 30 de marzo de 2017. O Goberno achegou aos veciños de Viveiro máis de 720.000 euros da Deputación para mellorar a súa calidade de vida a través das programacións e actuacións que levou a este municipio coa execución do Orzamento de 2016. Estas baseáronse nas apostas do Executivo Provincial, que son a mellora das infraestruturas e dos servizos públicos, a xeración de emprego, o impulso do benestar e a dinamización económica e social, para facer da institución unha Deputación coas persoas, social e rural.
Así o explicou este xoves o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, que xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, supervisaron traballos de 100.000 euros, incluídos en dito investimento, que consistiron no acondicionamento de prestacións públicas municipais na zona urbana da localidade viveirense e en zonais rurais.
Campos e Loureiro comprobaron en primeiro lugar as melloras levadas a cabo en accesos ao casco histórico medieval, un dos máis importantes en Galicia polo elevado número de elementos patrimoniais catalogados, que acollerá nas vindeiras semanas os principais actos da Semana Santa de Interese Turístico Internacional.
Estes traballos, financiados con 74.342 euros polo Goberno da Deputación e con 18.585 polo do Concello de Viveiro a través do Plan de Obras e Servizos, foron os seguintes:
– Na Rúa Alfonso Pérez (Camiño Real): reposición da capa de rodadura da vía mediante aglomerado en quente e da rede de abastecemento de auga.
– Na Praza de Lugo: demolición dos vértices que configuran a praza e reforma dos mesmos, redondeándoos.
– Na Avenida da Mariña (fronte á estación de autobuses): melloras das beirarrúas e dotación dunha zona verde para humanizar a zona.
O titular provincial e a Rexedora supervisaron a continuación as actuacións de 25.000 euros, financiados na súa totalidade polo Goberno da Deputación, no núcleo de Ameixoa, na parroquia de San Ciprián de Vieiro. Trátase dunha das zonas máis consolidadas dende o punto de vista edificatorio, sendo a día de hoxe practicamente unha prolongación do barrio da Misericordia. O crecemento desta zona nos últimos anos supuxo que os servizos urbanos quedasen deficitario. Por este motivo, os Gobernos de Deputación e Concello melloran e amplían os mesmos con dito orzamento a través dunha nova rede de saneamento, da reposición do firme e de servizos.
Próximas melloras en máis prestación públicas con outros 200.000 euros
Para a mellora de prestacións públicas, o Goberno da Deputación achegou aos veciños de Viveiro outros 132.000 euros. Estas actuacións, que se iniciarán nas vindeiras semanas, consisten na mellora, con aglomerado en quente, dos accesos á praia de Area, na parroquia de Faro; e á igrexa de Covas. Tendo en conta que Covas é, xunto co de Celeiro e co casco histórico, o núcleo urbano con máis poboación en Viveiro, tamén se reporán os servizos de abastecemento de auga, rede de saneamento, ademais de recolocar os sumidoiros no acceso ao colexio. Con cargo a dito investimento, acondicionarase a ruta de sendeirismo dende o Monte de San Roque ao do Penedo do Galo, nunha das máis concorridas neste Concello. Os traballos contemplan a limpeza do trazado e a sinalización, situando balizas, postes con frechas e paneis informativos. Ademais, mellorarase o alumeado no barrio de Pénjamo, no que viven uns 50 veciños.
Impulso do benestar
Para o impulso do benestar dos veciños de Viveiro, o Goberno da Deputación levou a este municipio investimentos de 70.000 euros. Con este investimento, finánciase na súa totalidade o Servizo a Domicilio de 130 maiores de viveiro, que non son dependente e que, polo tanto, non reciben ningún tipo de axuda por parte da Xunta. Tamén se asume ao 100% a prestación de Teleasistencia a outros 37 veciños. Ademais, colabórase no arranxo das instalacións do que é o único centro ocupacional da Mariña Occidental que presta servizo diúrno a persoas con discapacidade intelectual, no que se atende a 36 cidadáns, e na atención a familias con enfermos de alzheimer.
Xeración de emprego
O Goberno da Deputación achegou a Viveiro máis de 63.500 euros para a xeración directa de novos postos de traballo e o reforzo dos servizos públicos municipais a través do DEPUEMPREGO, pois esta programación vai a permitir a incorporación de 8 actuais desempregados lucenses. Son 1 técnico informático, que se ocupará do mantemento da páxina web do Concello e da dixitalización de documentos; 1 monitor de actividades de socorrismo, que realizará cursos de socorrismo e natación na piscina municipal; 1 electricista, 2 pintores e 3 peóns de servizos múltiples para o mantemento e posta en valor das zonas urbanas do Concello de Viveiro na época estival. Actualmente, estanse a avaliar as probas de selección realizadas nos pasados días.
Dinamización económica
O investimento do Goberno da Deputación para a dinamización económica de Viveiro, así como da súa contorna, acadou os 240.000 euros, pois con esta achega o Executivo Provincial contribuíu á celebración de citas de extraordinaria importancia para a Mariña como o Resurrection Fest ou a Semana Santa de Interese Turístico Internacional. Con dita achega, o Goberno da Deputación tamén colaborou coa Festa da Merluza ou co Mercado Medieval. Así mesmo, axudou a profesionais da pesca de baixura a mellorar as súas embarcacións e a agricultores os invernadoiros.
Dinamización social
Para a dinamización social de Viveiro mediante a organización de actividades culturais e deportivas, o Executivo Provincial achegou outros 50.000 euros. Destacan as achegas para as Escolas Deportivas Municipais, Biblioteca Municipal, así como para obradoiros, exposicións, rutas turísticas e distintos eventos deportivos; ademais das dirixidas a asociacións culturais e deportivas de todas as modalidades (fútbol, baloncesto, balonmán, ximnasia rítmica, piragüismo, bádminton, surf, remo, tenis ou atletismo.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



