Lugo, 8 de marzo de 2017- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, copresidiron esta mañá a reunión da xunta local de seguridade, na que analizaron a evolución a delincuencia no municipio no último ano e informaron das accións desenvolvidas no que vai de curso para mellorar a convivencia e a seguridade nos centros de ensino ribadenses, entre outros asuntos.
Ademais do subdelegado e o alcalde, na xuntanza participou a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, Ana Belén Pacio, ademais de representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
A xunta local de seguridade constatou o descenso da delincuencia rexistrada ao longo do ano pasado en Ribadeo, destacando especialmente a baixada dos delitos contra o patrimonio, que se reduciron a máis da metade con respecto á anualidade anterior. A pesares diso, este tipo de delitos segue a ser o que presenta unha maior incidencia na localidade, afectando especialmente a establecementos comerciais e a segundas residencias. Para seguir reducindo a comisión de delitos contra o patrimonio, e segundo se acordou na reunión, os corpos de seguridade con presenza no municipio seguirán traballando intensamente e de xeito coordinado, tanto no que atinxe á prevención dos propios feitos delictivos como á resolución dos que se chegan a producir.
Atendendo ás estatísticas oficiais da Garda Civil, o ano pasado en Ribadeo reducíronse tamén a máis da metade os delitos contra as persoas, con menos dunha denuncia ao mes en 2016, así como os delitos contra a seguridade colectiva (como é o caso dos delitos contra a saúde pública ou contra a seguridade vial) e contra a liberdade (tales como as ameazas ou as coaccións), que teñen unha incidencia aínda menor no municipio.
Dos datos analizados esta mañá despréndese ademais un significativo aumento no esclarecemento dos delitos que se rexistraron en 2016 no municipio mariñano, como tamén no número de detencións practicadas durante esa anualidade. Os axentes da Garda Civil detiveron nese período a 47 persoas e investigaron a outras 16.
PROTECCIÓN DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Os membros da xunta de seguridade aproveitaron tamén o encontro para revisar o protocolo de colaboración entre os efectivos da Garda Civil e a Policía Local para o seguemento das vítimas de violencia de xénero, ao que o Concello de Ribadeo se adheriu na xunta de seguridade que se celebrou en marzo de 2012.
Este protocolo, ao que hoxe se lle tentou dar pulo animando á Policía Local a asumir o seguemento dalgún caso activo, supón a incorporación dos axentes municipais á colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en todo o relativo á execución e seguemento das medidas xudiciais e de protección que se impoñan en cada caso, co ánimo de favorecer a máxima protección das mulleres vítimas de violencia machista.
MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE ESCOLAR
Noutra orde de cousas, o subdelegado do Goberno deu conta do traballo realizado nos centros de ensino ribadenses no marco do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar. Este plan, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade, pretende reforzar a educación, prevención e vixianza nos centros escolares poñendo á súa disposición a asistencia técnica que precisen para previr e abordar os episodios que poidan ameazar a convivencia, así como axudando a mellorar o coñecemento da comunidade escolar sobre os problemas de seguridade que afectan aos máis novos.
No actual curso académico, nos centros de ensino de Ribadeo impartíronse dúas charlas, ámbalas dúas sobre os perigos do alcohol e as drogas. No primeiro trimestre deste curso, en toda a provincia beneficiáranse xa do Plan director un total de 2.574 persoas de 94 centros educativos.








O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



