Lugo, 28 de abril de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcadesa, Lara Méndez, e a Presidenta da Fundación Puro Cora, Blanca García Montenegro, participaron no acto de entrega dos novos talóns da campaña “Os tapóns dan vida e coidan do medio ambiente”, unha iniciativa solidaria que recada fondos co obxectivo de axudar a nenos e mozos con dificultades. Nesta ocasión, recolléronse 49,3 toneladas de tapóns de plástico, que permitirán axudar con 9.807 euros a 28 nenos e mozos da provincia, para afrontar gastos de comedor escolar e doutros materiais básicos.
Campos Conde felicitou á Fundación Puro Cora “por esta iniciativa altruísta, que permite, a través de pequenas axudas, contribuír ao benestar de nenos e nenas, mozos e mozas da nosa provincia que están atravesando por dificultades”. Ademais, felicitou á sociedade lucense pola súa colaboración, xa que nesta campaña de recollida de tapóns, xuntáronse 49,03 toneladas.
O Presidente da Deputación lembrou que o organismo provincial colabora coa campaña “Os tapóns dan vida e coidan do medio ambiente” a través dun convenio coa Fundación Puro Cora, en virtude do cal o Parque Móbil provincial encárgase da retirada dos tapóns depositados na rede de puntos de recollida espallados por toda a provincia, agás na cidade de Lugo.
A asociación Dignidade, o CEIP As Mercedes de Lugo e a asociación Animación Pastoral do Colexio da Milagrosa foron os colectivos encargados de recoller as axudas de 9.807 euros, en representación dos nenos e mozos beneficiados.
Beneficiados
Os talóns por valor de 9.807 euros que se entregaron no día de hoxe contribuirán a axudar a un total de 28 nenos. A Asociación Dignidade foi a encargada de recoller 2 talóns de 2.600 euros cada un, destinados a dous adolescentes que estudian Bacharelato e FP en circunstancias moi adversas e necesitaban apoio para cubrir as súas necesidades básicas. Esta cantidade é o resultado de recoller 26 toneladas de tapóns de plástico.
No caso da ANPA do CEIP As Mercedes de Lugo recibiu un talón de 3.960 euros, que permitiu financiar ao 50% o custe mensual do comedor de 11 nenos de 7 familias durante 9 meses. Foi posible grazas á recollida de 19,8 toneladas de tapóns. E con respecto a Animación Pastoral do Colexio da Milagrosa, recibiu un talón de 647 euros, que se corresponden a 3,23 toneladas de tapóns, para axudar a 3 alumnos de infantil con 153 euros e a outros 12 alumnos de primaria, con 494 euros.
A campaña “Os tapóns dan vida e coidan do medio ambiente” financia gastos médicos e escolares de nenos e mozos ata 25 anos da provincia, con cargo á recollida de tapóns de plástico. Un comité de expertas formado por 1 médica, 1 psicóloga, 1 farmacéutica e 1 traballadora social encárgase de avaliar as propostas que chegan á Fundación e seleccionar as persoas beneficiarias.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



