Tense por certo que a música e a poesía son as mais sublimes formas de expresión dos sentimentos; a relación entre ambas é tan próxima, que a segunda represéntase por unha lira, que é instrumento musical; e dise tamén, universalmente aceptado, que a voz humana é o medio armónico por excelencia para a interpretación das dúas formas estéticas. De nengún outro xeito o individuo pode transmitir, de maneira mais persoal, íntima e persuasiva, nen con maior sentimento, a mensaxe envolta na beleza que encerra a obra poético-musical de autores e intérpretes . A música traza imaxes ideais; é compañeira na ledicia e bálsamo na dór. O canto grupal é unha das expresións xenuinas da alma dun pobo; é un dos ámbitos onde se posibilita a participación expresiva e creativa: Pitágoras afirmaba que a armonía da música templa e amansa os estados de ánimo; ou sexa, que ten influencia sobre os afectos. O coro é un instrumento colectivo; unha forma de identificación comunitaria… Esta breve divagación ven a conto por querer glosar un feito histórico no do noso pobo ,que ten que ver cos conceptos expresados: efectivamente: hai pouco mais de 25 anos, sen apenas precedentes , producíase o achegamento ó mesmo. O primeiro director do colectivo, ata o seu pasamento, fora o ribadense Antonio López García, de moi grata lembranza.
A continuidade no timón estaba garantida na persoa de Carmen Alonso Lanza. Ela, muller de sólida bagaxe cultural; ampla formación musical, dinámica e de acusada personalidade , situou a agrupación na mais alta cota da súa historia, digna de codearse coa elite coral da nosa terra, como acabamos de constatar no concerto que, con ocasión da XIV Semana da Música “Xosé Alonso” celebrouse o pasado día 8, no marco único da Basílica de San Martiño. Alí , de xeito maxistral,as 32 voces que o forman, interpretaron composicións de Beethoven, Bortnianski, Gounod e Haendel; actuación da que destacamos sobremaneira tres momentos que se correponden co “Ave María” de Tomás Luis de Victoria, “Lascia Ch ío´Pianga”, de Haendel e o remate apoteósico co fermoso poema de Manuel María,”O Carro”, armonizado por M. Angel Vigo.
A concurrencia, que enchía a igrexa, prorrumpíu en emocionada e longa ovación, premiando xustamente tan brillante actuación.
O cronista, que presenciou o fermoso espectáculo, comprácese en felicitar efusivamente a todos e cada un dos componentes, na persoa de Carmen Alonso, a directora excepcional; primeira razón de ser do extraordinario historial da espléndida Coral Polifónica de Foz.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



