Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal e se convocan para o ano 2017. As compensacións son por destrución de vexetais debido á presenza de pragas de corentena, en concreto pola aparición de focos do fungo Fusarium circinatum, causante do chancro resinoso do piñeiro, e pola detección de Tecia solanivora (couza guatemalteca da pataca) no norte das provincias da Coruña e Lugo.
A Xunta destina un orzamento inicial de preto de 250.000 euros para esta finalidade, que poderán incrementarse con fondos adicionais. Na orde establécese o baremo de indemnizacións que, no caso da couza da pataca, oscilan entre os 0,30 euros/quilo (para o tubérculo de consumo producido na explotación) e os 0,70 euros/quilo para a pataca de semente. No caso das plantacións establecidas en zonas infestadas, fíxase unha indemnización de 0,40 euros por metro cadrado de superficie plantada.
A orde tamén determina un baremo para os almacéns comercializadores. Neste caso é o prezo de compra, debidamente xustificado mediante factura de venda do provedor de pataca de semente ou, para tubérculo de consumo, o prezo de adquisición por parte dos almacenistas, que o acreditarán mediante a factura de compra.
Para o fungo causante do chancro do piñeiro concrétase tamén un baremo de subvencións, que oscilan entre os 0,108 e os 0,144 euros/planta, en función do número de exemplares que se van compensar. O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación, contará a partir de mañá, día seguinte á publicación da orde no DOG, ata o 30 de setembro de 2017.
Poderán ser beneficiarios destas indemnizacións os titulares de planta destinada a plantacións forestais de piñeiro que fose destruída como consecuencia da detección dun foco do fungo Fusarium circinatum. Tamén, os donos de semente certificada de tubérculos de pataca destruída en aplicación das medidas de erradicación da couza guatemalteca, así como das patacas de consumo producidas en zonas infestadas e destruídas por esta mesma causa e das plantacións de tubérculos desenterrados e igualmente eliminados.
Na orde establécese que a entrega de pataca aos servizos oficiais realizarase mediante sacos orixinais (sempre que non fosen abertos) ou nos sacos entregados por Medio Rural. Emitirase certificado da cantidade de tubérculo entregado, e posteriormente destruído, segundo o cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.
Enlace para descargar a orde no DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170426/AnuncioG0426-200417-0001_gl.pdf
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



