Ribadeo, 16 de abril de 2017. O Partido Popular critica a obra realizada polo Concello de Ribadeo no aparcamento municipal que está situado na Avenida Rosalía de Castro porque ao reparalo con zahorra e area non se resolveu o problema dese terreo e ademais xera grandes cantidades de po, que causan molestias aos veciños e comercios desa zona do casco urbano ribadense. Os populares consideran que debería repararse con outro material, como por exemplo rego asfáltico.
“Desde o Partido Popular facémonos eco dunha situación que está a ocorrer en pleno casco urbano de Ribadeo, en concreto nas rúas Rosalía de Castro, San Roque e incluso Rodríguez Murias. O Concello fixo unha actuación que era moi necesaria no aparcamento da avenida Rosalía de Castro, pero para os veciños, os comercios e os coches que aparcan nesa zona a obra que se fixo é prexudicial, porque estes días pasados, cando houbo nordés forte, a zona quedou chea de po, como se estivésemos no Sáhara.
Cremos que había que amañar ese aparcamento, porque había uns baches enormes e era necesario tapalos, pero deberían actuar con un pouco de cabeciña e non malgastar o diñeiro. A situación nas rúas Rosalía de Castro, San Roque e Rodríguez Murias é penosa, sobre todo os días con vento, porque hai un po pegañento que non deixa nin pasear por alí”, explicou o portavoz municipal do PP, Jesús López Penabad.
O voceiro dos populares engadiu: “parécenos un gran despropósito sobre todo porque se fixo con cartos municipais. Aparentemente queda moi bonito pero é lamentable como están as rúas da zona desde que se fixo esa actuación. Pedimos un pouco de responsabilidade e que as obras se fagan de forma eficaz. Agora mesmo en Ribadeo estanse facendo poucas actuacións, pero creo que neste caso deberían realizar un pequeno rego asfáltico ou algo similar, que fora o máis económico posible dado que ese aparcamento non é propiedade do Concello senón que é unha concesión por dous anos, segundo din. Pero desde logo unha actuación como a que se fixo non ten moito sentido porque supuxo crear un malestar para veciños, comerciantes e visitantes que pasan pola avenida Rosalía de Castro”.



















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



