Lugo, 28 de abril de 2017- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, copresidiron esta mañá a reunión da xunta local de seguridade do municipio, na que fixeron unha análise pormenorizada da evolución da delincuencia no municipio ao longo do ano pasado e informaron das accións desenvolvidas no que vai de curso para mellorar a convivencia e a seguridade nos centros de ensino deste concello mariñano, entre outros asuntos. No encontro participaron tamén a responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller, da Subdelegación do Goberno, así como representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e maila Policía Local.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
Segundo os datos oficiais presentados esta mañá pola xunta local de seguridade, a taxa de criminalidade de Cervo sitúase nas 13,50 infraccións penais por cada mil habitantes, máis de sete puntos por debaixo da media provincial e máis de trece por debaixo da media galega.
Das estatísticas da Garda Civil expostas no encontro despréndese tamén que os delitos de maior consideración (entendendo como tales os catalogados como graves e menos graves) rexistraron un notable descenso en Cervo en 2016 con respecto ao ano anterior. Salienta especialmente a reducción dos delitos contra o patrimonio (que baixaron máis dun 70%), rexistrándose o ano pasado unha media por debaixo dunha denuncia ao mes por este concepto. Baixan tamén os delitos contra as persoas e os delitos contra a liberdade, cun índice aínda menor de denuncias. Pola contra, soben lixeiramente os delitos contra a seguridade colectiva, como é o caso dos delitos contra a seguridade vial e contra a saúde pública.
Os membros da xunta local comprometéronse a seguir traballando conxuntamente para manter a tendencia descendente na evolución delincuencial no municipio, así como para esclarecer os delitos que se chegan a cometer. Neste senso, lembraron que o ano pasado a Garda Civil esclareceu máis do 70% dos delitos graves e menos graves que se rexistraron en Cervo. Detiveron a 3 persoas e investigaron a outras 4.
SEGURIDADE EN EVENTOS MULTITUDINARIOS
No tocante a cuestións relativas á seguridade, os asistentes á reunión desta mañá comprometéronse a traballar de xeito conxunto no dispositivo que se vai desplegar no municipio con motivo da celebración do Campionato de España junior de clubes de baloncesto feminino. O pavillón da Veiga, en Cervo, acollerá encontros deste campionato entre os días 7 e 10 de maio, ámbolos dous incluídos. Os corpos policiais con presenza no municipio intensificarán os traballos de vixianza nesas datas para velar pola seguridade, previndo a comisión de posibles feitos delictivos, ante a congregación de xente que se agarda, e garantindo de igual xeito a seguridade nas estradas.
Esa mesma colaboración, tal e como adiantaron, manterase como é habitual de cara á celebración doutras citas festivas multitudinarias que terán lugar nos vindeiros meses en Cervo, entre as que salientan as festas do Carme ou a Maruxaina. Atendendo á súa competencia, o Concello irá deseñando os correspondentes dispositivos de seguridade, que contarán co reforzo de axentes da Garda Civil e do Subsector de Tráfico e que contribuirán a que os festexos transcurran sen incidencias destacables.
MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE ESCOLAR
Noutra orde de cousas, o subdelegado informou do traballo realizado nos centros de ensino de Cervo no marco do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar. Este plan, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade, pretende reforzar a educación, prevención e vixianza nos centros escolares poñendo á súa disposición a asistencia técnica que precisen para previr e abordar os episodios que poidan ameazar a convivencia, así como axudando a mellorar o coñecemento da comunidade escolar sobre os problemas de seguridade que afectan aos máis novos.
No actual curso académico, impartíronse dúas charlas en centros educativos do municipio mariñano no marco deste plan, nas que se abordaron o acoso escolar e os incendios forestais. Está previsto realizar tamén outras dúas conferencias, sobre acoso escolar e os riscos das novas tecnoloxías, no IES Marqués de Sargadelos a comezos do mes de xuño.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



