Ano de 1960: Foz gaña o concurso “Cuidado y embellecimiento de los pueblos”que cada ano patrocinaba o Goberno Civil. As rúas lucían unha esmerada limpeza e as flores, espalladas pola vila, daban a imaxe de coidado xardín urbano; a tal punto que a “vox pópuli” aplicara ó alcalde, Xosé Mª Beltrán, o apelativo de “Pepe dos Tarros”: unha louvanza colectiva ó labor que, neste eido, facía o concello.
Editábase entón a revista A RAPADOIRA e o nº de setembro insería breve conversa con Xermán López Cao, focego de ampla cultura, que levaba anos emigrado en Liberia. Preguntado qué fora o que á volta mais o sorprendera, dixo: “Atopar o pobo regado de flores en macetas ó alcance dos rapaces,sen que unha soa sexa molestada; nen tampouco os xardíns incrible que brotaran en tan pouco tempo, coa protección de todos; o que pon de relevo o civismo e a cultura dos focenses”.
O Xico, que gastou a vida, sobre todo, ó coidado do que sen dúbida é a mais valiosa xoia dos nosos atractivos, finou o 31.1.93, ós 62 anos; ó enterro asistíu un xentío; o cadaleito saíu da Casa do Concello, cuberto pola 1ª bandeira azul concedida á Rapadoira, en xusta homenaxe a quen fora o meirande valedor dela.Hoxe non a temos:¿cando volverá…? Coidemos con esmero as condicións da chegada…e quede, para sempre, a lección aprendida .… Cando soubemos o emplazamento da depuradora, non podíamos crelo porque, aínda que lego na materia, nunca puidemos entender cómo en pleno s.XXI, se defende a ubicación da mesma en lugar tan carismático e sensible ás agresións medioambientais; tan negativas para a imaxe e o benestar, en cuxo contorno se celebran os mercados semanais; as festas do verán; eventos gastronómicos; concertos musicais; festivais folclóricos; a feira do libro; lugar de expansión de vellos e nenos , nos xardíns Conde de Fontao; terrazas de cafeterías… e, tan só á carreiriña dun can… ¡a praia da Rapadoira!; un dos itinerarios preferidos por visitantes e indíxenas que aquí acougan para disfrutar do fermoso panorama,de beleza natural, incontaminada.
Resúltanos incrible.Así o viñemos proclamando en comentarios dos xornais, ó longo de moitos anos: “De políticos e de cheiros”(4.12.12), “Os cheiros de Foz” (8-8-12); “Medioambiente” (26. 6. 12); “Agresións” (21.4,10); “Incoherencias”(22.4.09)…e moitos mais.
Esperamos que a limpeza e o ornato, sexa a pauta a seguir en adiante; considéramolo mais mais transcendente, e mais prestixoso, que amosar a desexada bandeira azul, rodeada de cochambre… e entón, terémola.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



