Ribadeo, 25 de maio de 2017. As festas patronais de Ribadeo celebraranse do 6 ao 10 de setembro e retoman este ano ao Cantón, despois de celebrarse durante varios anos no aparcadoiro municipal. A comisión organizadora dos festexos comeza a traballar estes días tentando acadar o apoio económico dos establecementos comerciais e dos particulares. Ao fronte da comisión está Juan José Otero, como presidente, acompañado por Avelino Martínez como tesoureiro, e Inmaculada Fernández como secretaria. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, acompañáronos na súa presentación pública. A carón deles haberá máis xente, que xeito anónimo lles botará unha man.
O rexedor contou que “desde o Concello tamén estivemos traballando con moita discreción durante todos estes meses no senso de que hai un sentimento popular moi grande para que as festas puideran volver para o seu lugar orixinario, que era o entorno do parque de San Francisco, da praza do Concello e do Cantón”.
Suárez Barcia quixo “agradecer o traballo de todas as comisións ao longo de todo o tempo porque son traballos que teñen ás veces moi pouco recoñecemento, porque todo o mundo fala de que as festas son mellores ou peores, ou que se deberan facer mellor, pero logo hai realmente moi pouca xente que queira gratuitamente dar parte do seu tempo e traballar por algo comunitario como é a organización dunhas festas”.
O alcalde subliñou que “desde o Concello valoramos moi positivamente que este grupiño pequeniño de xente queira afrontar unha tarefa tan importante como a organización das festas de Ribadeo. Entendemos e aceptamos que seguramente non son moitos días, seguramente as festas non van traer aos Rolling Stones, pero seguramente van ser unhas festas sentidas e queridas para ben. Son xente toda ela desprendida e con amor polo traballo e polo ben común marabilloso, e desde o Concello de Ribadeo sabendo que non queda moito tempo quixemos arrimar o ombro de maneira importante”.
Fernando Suárez sinalou que “nosoutros non lles indicamos qué o que teñen que facer, eles son os que nos suxiren, nos preguntan e nosoutros en todo o que estea na nosa man, dentro da legalidade loxicamente, intentamos axudar e así o estamos facendo. Entón, aínda que como sempre non son organizadas directamente por nós, desde o plano económico e doutro tipo de organización, que é tamén moi importante, van ter o noso apoio como sempre teñen todos”.
Pola súa banda o presidente da comisión de festas, Juan José Otero, explicou que “imos empezar facer o libro, a pedir polas casas e empezar a recadar diñeiro o antes posible, temos que empezar a andar porque o tempo vénsenos encima”.
Juan José Otero comentou que “temos certas orquestras xa miradas. Fáltannos as barracas, que está algo xestionado tamén e todo o que levan as festas de Ribadeo. Van volver afortunadamente para o parque, que eu creo que a maioría do pobo supoño que o agradecerá, porque se fan moito máis amenas e bonitas que noutro sitio”.
O presidente da comisión de festas anunciou que “o mércores empezaremos con xogos para os nenos, o xoves, venres e sábado haberá as típicas festas, e o 7 a traca de rigor como manda o libro”. O 10 de setembro estará dedicado tamén aos máis pequenos.
Juan José Otero declarou que “necesitamos moito apoio porque somos moi poucos e imos moi xustos de tempo. Ese é o gran problema, o tempo e o diñeiro. O Concello estanos apoiando ben e estamos agradecidos. Estanos botando unha mao en todo o posible e sen ningún tipo de problema”.
Esta mesma comisión será a encargada de organizar a festa de San Roque en agosto.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



