Santiago 26 de maio de 2017. O Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia, Piñeiro Docampo, compareceu ante os medios en Compostela para dar a coñecer a seguinte proposta.
• Solicitamos que se proceda a liberalización da Inspección Técnica de Vehículos para que poda ser efectuada polos talleres convencionais que estean adaptados.
Esta medida suporía un aforro estimado para a economía dos galegos de 20 millóns de Euros, tamén potenciaría o tecido empresarial cun novo nicho de mercado para as PEMES e Autónomos do sector.
Esta situación xa está normalizada noutros países europeos, como é o caso de Bélxica.
Fixo especial fincapé en que esta proposta beneficiaría de forma especial o sector agro- gandeiro, industrial e o pequeno empresario, que se ven obrigados a unha maior periodicidade nas inspeccións dos seus vehículos.
O actual sistema de ITV supón un dobre gasto, diante da obriga de manter os vehículos en perfecto estado, tendo que pagar o taller convencional para poñer a punto o vehículo e pagar despois no centro de inspección, que só beneficia o monopolio dunha empresa. Dita empresa está participada por un grupo inversor madrileño.
CxG pretende con esta medida un aforro real as familias e un pulo o sector dos talleres galegos, beneficiando deste xeito á economía do país.