O torneo reunirá 93 equipos masculinos e femininos de todas as categorías de base dese prebenxamín ata xuvenil
Lugo, 19 de xuño de 2024. O Pazo de San Marcos acolleu este mércores a presentación da XII edición do torneo de fútbol sala base “Heroes do Orzán”, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-
O torneo, organizado pola Fundación Indecum coa apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. celebrarase do 20 ao 24 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo.
O Vicepresidente da Deputación Efrén Castro, estivo acompañado de Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano; do presidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna, do tenente alcalde de Burela Mario Pillado, do presidente do Burela FS José Luis Sáez e do Comisario Xefe Provincial de Lugo da Policía Nacional Luis Miguel Romera Pérez. Tamén asistiron Pablo Prieto, presidente da Federación Galega de Fútbol, así como representantes da Xunta de Galicia e da Cruz Vermella en Lugo e de Abanca.
O torneo contará con máis de 1000 participantes: xogadores, xogadoras e técnicos de 93 equipos de todas as categorías de base, desde biberón ata xuvenil, femininos, masculinos e mixtos, que xogarán un total de 181 partidos, Entre os participantes hai clubs de Galiza, pero tamén de Castela León, Madrid, Asturias, Cantabria e, por primeira vez, de Portugal.
Efrén Castro ratificou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo á organización do torneo, que financia desde a primeira edición, en 2013. “No deporte falamos moitas veces de xestas heroicas para referirnos a logros deportivos, pero o exemplo destes tres rapaces é o que realmente fai honra a esa palabra”, destacou o vicepresidente sinalando que “nada máis fermoso que un torneo de base para mantelos na memoria sempre e que un xesto así se siga recordando”.
O presidente da Fundación Indecum Marcelino Luna destacou que “o torneo contará con representación masculina e feminina en todas as categorías”, subliñou “o impacto económico do Memorial na comarca, con máis de 600 persoas aloxadas en establecementos da comarca -de equipos de fóra da provincia – e agradeceu a colaboración dos concellos, que poñen os pavillóns a disposición do torneo.
A organización xestiona nestes días o aloxamento dos equipos de fóra da comarca que se hospedarán fundamentalmente en hoteis de Viveiro, Cervo, Foz, Burela e Barreiros. Á demanda xerada polos participantes súmase a de familiares e acompañantes, que multiplicarán o impacto económico do evento na hostalería da comarca.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


