Daniel García visitou o recinto novo no que se dará continuidade a esta tradición ligada á cría de cabalos en liberdade nos montes de Santa María Maior
Lugo, 19 de xuño de 2025. A temporada de rapas en Galiza abrirase o vindeiro 29 de xuño coa celebración da Rapa das Bestas do Campo do Oso de Mondoñedo, que este ano se realizará nun curro novo.
O deputado de Rural Daniel García, acompañado polas gandeiras e gandeiros que organizan a rapa e polo concelleiro de Mondoñedo Eloi Cabanas, visitaron este novo recinto construído pola Asociación Cultural Rapa das Bestas Campo do Oso con financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou 10.000 euros para este investimento.
Trátase dun recinto de 40 metros lineais de perímetro, realizado con postes de madeira tratada, que substituirá o antigo curro, vandalizado en 2024, e ao emprazamento provisional no que se celebrou a edición do ano pasado.
Daniel García destacou “a tenacidade das gandeiras e gandeiros que impulsan a rapa, mantendo unha tradición que reflicte unha forma de vida e de relación cos animais e co territorio que forma parte do noso patrimonio” e ratificou o compromiso da área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo “coa gandería extensiva, con colaboración específicas coma esta, pero sobre todo con accións e programas como “O que non arde” ou “Da Escola á Granxa e colaboracións estables coas asociacións agrogandeiras”
A xornada comezará ás 10.00 horas coa saída dos xinetes para reunir e baixar os cabalos cara ao curro. Desde ás 12.00 horas, a atención centrarase no propio curro, onde os aloitadores e as aloitadoras medirán as súas forzas cos animais seguindo unha tradición que se mantivo xeración tras xeración e que ten como obxectivo rapar, identificar e desparasitar os cabalos que se crían en liberdade nos montes de Santa María Maior.
O curro será o centro dunha xornada na que a área de Rural promocionará os produtos de carne de cabalo de Pura Raza Galega co programa Un gusto de rural, Un rural degusto, en colaboración coa Asociación de Criadores de Pura Raza de Cabalo Galego Puraga. Desde ás 13.00 horas, o público poderá degustar gratuitamente unha hamburguesa de carne de poldro.
O programa da rapa inclúe tamén sesión vermú -desde ás 14.00 horas –,un xantar popular -desde ás 15.00 horas- e animación musical durante a tarde.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



